Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.138

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslado entre funcionarios pertencentes ó corpo de médicos forenses, convocado por Resolución do 1 de xullo de 2002.

Visto o expediente instruído para a provisión en concurso de traslado de forensías e agrupacións de forensías vacantes, anunciado por Resolución do 1 de xullo de 2002, publicada no BOE e DOG do 12 de xullo de 2002, e de conformidade co establecido nos artigos 455 e 500.1º da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no Real decreto 296/1996, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses, e no Real decreto 1619/1997, do 24 de outubro, polo que se modifica o Regulamento orgánico do corpo de médicos forenses, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear para o destino que se indica o médico forense que se relaciona no anexo que, por reuni-las condicións legais, ten dereito preferente.

Segundo.-Declarar desertas aquelas prazas convocadas no concurso que non foron cubertas por un titular.

Terceiro.

1. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será dun mes, pero cando non implique cambio de residencia deberá efectuarse nos tres días hábiles seguintes ó do cesamento.

2. O prazo para a toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no BOE.

3. Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

Cuarto.-O traslado do funcionario que estea desfrutando das vacacións, permisos ou licencias de enfermidade e embarazo, terá efectividade a partir da finalización destas. O día da súa incorporación cesará no seu anterior destino e disporá a partir dese momento de tres días hábiles ou dun mes de prazo para a toma de posesión.

Quinto.-Recursos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza

ANEXO

Nº orde: 1.

Apelidos e nome: López de Abajo Rodríguez, Benito Alfonso.

DNI: 34722230.

Destino anterior: Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e Arzúa (A Coruña).

Destino adxudicado: Primeira Instancia e Instrucción número dous e cinco de Santiago de Compostela (A Coruña).

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS