Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.137

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección para postos de persoal laboral, constituída ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, pola que se fai pública a relación de excluídos das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 009 (oficial 2º de campo e outras) do grupo IV que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado pola Resolución do 4 de xullo de 2002 (DOG nº 134, do 12 de xullo), da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 009 (oficial 2º de campo e outras) do grupo IV, e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral na sesión do día 25 de setembro de 2002 as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución da relación de aspirantes que foron excluídos das listas provisionais, da categoría 009 (oficial 2º de campo e outras) do grupo IV, e que emendan a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no

Diario Oficial de Galicia, a remitiren á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas correspondentes.

Grupo IV: 29,70 euros.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda dos erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública