Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.137

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 104 (intérprete da linguaxe de signos) do grupo III, de conformidade co establecido na Resolución do 11 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 208, do 26 de outubro).

Publicadas as resolucións dos días 6 de xuño de 2002 (DOG nº 114, do 14 de xuño) e do 31 de xullo de 2002 (DOG nº 152, do 8 de agosto) relativas á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e correspondentes á categoría 104 (intérprete da linguaxe de signos) do grupo III, e unha vez finalizados os prazos previstos nestas e elaboradas as listas definitivas pola comisión permanente de selección de persoal laboral, na sesión celebrada o día 25 de setembro de 2002, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 104 (intérprete da linguaxe de signos) do grupo III. As listas están expostas da forma que a seguir se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación definitiva.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relaciones Institucionais e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relaciones Institucionais e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relaciones Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia, Relaciones Institucionais e Administración Pública.

Terceiro.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública