Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.139

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (22/2001).

César Orgeira Maceiras, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 22/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia 75/2002. En Betanzos, 23 de abril de 2002.

Vistos estes autos de xuízo de faltas nº 22/2001, no que foi parte, como denunciado, José Carlos Serantes Sánchez, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a José Carlos Serantes Sánchez como autor dunha falta do artigo 636 do Código penal á pena de dous meses de multa a razón de 6 euros diarios, con responsabilidade penal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas de multa non pagadas e con imposición das custas procesuais causadas nesta instancia.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, para ante a Audiencia Provincial da Coruña».

E para que conste e lle sirva de notificación a José Carlos Serantes Sánchez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o vintesete de setembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE NOIA