Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Vista a acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de derivados do

cemento, con nº de código 3600505, que tivo entrada nesta delegación provicial o día 17-9-2002, subscrita en data 11-7-2002, que entre outros temas, no tocante ó calendario laboral é do seguinte teor literal: «En relación á segunda consulta (art. 11º Xornada de traballo e art. 12º Distribución da xornada), acórdase elaborar con carácter urxente o calendario para este ano 2002, que afecta o ámbito provincial do convenio, calendario que no seu momento non se publicou». De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Gali

cia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de outubro de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra