Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 24 de outubro de 2002 Páx. 15.133

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se procede a designa-los membros e a facer pública a composición do tribunal de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes ós premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2000/2001.

En virtude da autorización conferida polo punto oitavo da Orde do 18 de setembro de 2002 pola que se convocan premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2000/2001, e de conformidade co establecido no punto quinto desa orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Designa-los membros do tribunal de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes ós premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2000/2001 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo.-A proposta do tribunal de selección poderase designa-los especialistas necesarios para que asesoren o tribunal na valoración dos méritos dos aspirantes.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

Tribunal de selección titular

Presidente: Faustino José Salgado López, subdirector xeral de Inspección Educativa.

Vocais:

Vicente Yáñez González, xefe do Servicio de Formación Profesional.

José Luis Vázquez Fernández, inspector de educación.

Luis Manuel Álvarez Martínez, inspector de educación.

Elisa Amoedo Barciela, inspector de educación.

Manuel Reboredo Lavín, inspector de educación.

Begoña Potí Vázquez, profesora de ensino secundario.

Miguel Reza Pérez, profesor de ensino secundario.

Tribunal de selección suplente

Presidente: Jesús Álvarez Marcote, inspector de educación.

Vocais:

Antonio Castelao López, asesor da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Gonzalo Iglesias Varela, inspector de educación.

Félix Perujo de Llano, inspector de educación.

Jorge Rivera, profesor de ensino secundario.

César Corral Martínez, profesor técnico de formación profesional.

Manolo Guerra Fernández, profesor de ensino secundario.

Rafael Vázquez Gancedo, profesor de ensino secundario.