Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.120

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2002, da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Lugo, pola que se anuncia poxa pública para o alleamento dun inmoble da súa propiedade.

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data do 4 de xuño de 2002, autorizou a Tesourería Xeral da Seguridade Social para allea-lo inmoble que a continuación se detalla:

Urbana: local comercial situado na planta baixa, entrando á esquerda, do edificio sinalado co número catorce da avenida de Ramón Ferreiro, da cidade de Lugo, ocupa unha superficie de douscentos cincuenta metros e cincuenta decímetros cadrados.

Tipo mínimo de licitación: 526.937,36 euros.

Prego de condicións: os pregos de condicións poderanse retirar na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Lugo, praza de Ferrol, 11, 5ª planta, de Lugo.

Data e lugar da poxa: a poxa dará comezo ás once horas do día vinteoito de novembro de dous mil dous, na primeira planta da citada dirección provincial.

Lugo, 26 de setembro de 2002.

Mª José Castro Rebolo

Directora provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social de Lugo