Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.120

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MUSEO DE PONTEVEDRA

ACORDO do Padroado do Museo de Pontevedra polo que se anuncia concurso para adxudica-la subministración da informatización integral do museo.

Obxecto: subministración da informatización integral, conforme as características técnicas que figuran no expediente.

Tipo de licitación: fíxase en 210.000 euros, IVE incluído.

Plicas: durante os quince días naturais a partir do anuncio no BOP de Pontevedra.

Fianzas: a provisional fíxase no 2% da base de licitación e a definitiva no 4% do prezo de adxudicación.

Información: Secretaría do Museo de Pontevedra. Tfno. 986 85 14 55.

Pontevedra, 11 de outubro de 2002.

Xosé Fuentes Alende

Secretario