Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de poxa por procedemento aberto.

Obxecto do contrato: é a venda, mediante poxa aberta, dunha parcela edificable, propiedade deste concello, de 150 m, na rúa Ramón López Piñeiro (PERI da Escardia).

Tipo de licitación: fíxase en 65.531,96 euros. A mellora realizarase á alza, con respecto ó tipo de licitación.

Fianza provisional: fíxase en 1.310,64 euros.

Proposicións: presentaranse no Departamento de Contratación do concello, conforme o modelo que consta no prego de cláusulas administrativas particulares e xunto coa documentación prevista na cláusula VII do mesmo prego, das 9.30 ás 13.30 horas, durante o prazo de 26 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do último dos anuncios de licitación no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: na Casa do Concello, ás 12 horas do 5º día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Exposición do expediente: no Departamento de Contratación do concello, en días laborables, das 9.30 ás 13.30 horas, agás o sábado.

Vilagarcía de Arousa, 23 de setembro de 2002.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde