Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

O Concello de Sarria, de conformidade co acordado pola Comisión de Goberno na sesión ordinaria do 16 de xullo de 2002, convoca a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Sarria.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: a adquisición dunha varredora.

Prazo de entrega: dous meses (2).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 41.349,63 euros, incluído o IVE correspondente.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Sarria.

Domicilio: rúa Maior, 14.

Localidade e código postal: 27600 Sarria.

Teléfono: 982 53 50 00.

Fax: 982 53 09 16.

7. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación de proposicións: quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación da licitación no BOP de Lugo ou no DOG.

Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria; rúa Maior, 14; 27600 Sarria.

9. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó da realización do acto de cualificación da documentación, que terá lugar pola súa vez o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás trece trinta horas, na casa do concello; rúa Maior, 14.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 19 de setembro de 2002.

Claudio Garrido Martínez

Alcalde