Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TABOADA

ANUNCIO.

Por medio de anuncio inserto no BOP de Lugo, con data 19 de setembro de 2002, dáse publicidade ó concurso público para a xestión indirecta polo sistema de concesión do matadoiro municipal de Taboada (Lugo), sendo o prazo de presentación de proposicións o de trece días naturais a partir do seguinte ó da data de publicación deste anuncio.

Taboada, 23 de setembro de 2002.

O alcalde

Rubricado