Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o día 30 de setembro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle para modifica-la liña de edificación na zona sur do 1º sector do solo urbanizable non programado número 37 (SUNP 37) de Costa Vella, presentado pola Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela, S.A. (Emuvissa).

O expediente, consonte o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión do concello, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo