Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de reestructuración do enlace da avenida de Castelao-rúa Vista Alegre, de acordo co proxecto elaborado polo Servicio Municipal de Proxectos e Obras.

Tipo de licitación: 209.000,01 A, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 6 meses contados a partir da data da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo

de trece días naturais, contado a partir do día seguinte á data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Telf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova. R/ Nova de Abaixo nº 12, local 4. Tlfno. e fax: 981 59 23 93.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde