Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

ANUNCIO.

O Pleno do concello, en sesión celebrada o día 16 de agosto de 2002, adoptou o acordo seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan Parcial de Ordenación do Sector de Solo Urbanizable nº 3 no lugar do Sisto, parroquia de Ribasar, promovido por Perol y Saavedra, S.L., realizadas as modificacións propostas pola Dirección Xeral de Urbanismo.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no DOG e no BOP, incluíndo neste último o articulado das ordenanzas reguladoras, de acordo co disposto no artigo 48 da Lei do solo de Galicia.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, señalando que contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, de acordo co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o dictou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de acordo co disposto no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación de acordo co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdicción.

Rois, 23 de agosto de 2002.

Enrique José Tojo Blanco

Alcalde