Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.057

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de outubro de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A modificación proposta fai referencia a que o posto denominado xefe Sección de Xestión con forma de provisión por concurso pase a denominarse xefe Sección-Habilitado Patrimonio Inmobiliario IGVS, contendo as mesmas características, agás a forma de provisión, que pasa a ser de libre designación. A modificación vén motivada pola xestión do patrimonio inmobiliario do organismo, que implica a recadación e a xestión de fondos públicos.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do de dez de outubro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo

da Consellería de Política Territorial, Obras Públcias e Vivenda, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como posto de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, o seguinte:

CódigoDenominaciónMotivación

OT.A04.00.000.15770.009Xefe Sección-Habilitado Patrimonio Inmobiliario IGVSPosto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dez de outubro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública