Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.055

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de outubro de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

A proposta de modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo xustifícase por unha banda na necesidade de adaptala á nova estructura orgánica aprobada polo Decreto 72/2002, do 7 de marzo e por outra, dar cumprimento á sentencia da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza (polo que respecta á reclasificación de postos de ordenanza da Biblioteca de Ourense en auxiliares de arquivos e bibliotecas) e finalmente, polas propias necesidades funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do de dez de outubro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación

Social e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como posto de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, o seguinte:

CódigoDenominaciónMotivación

CU.C03.00.001.15770.055Servicio Rexist. Propiedade Intelectual de GaliciaArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro do 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dez de outubro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública