Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.045

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de outubro de 2002, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio e do Instituto Galego de Consumo.

A fundamentación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio radica na necesidade de adapta-la vixente relación de postos de traballo ó Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro (DOG nº 28, do 7 de febreiro).

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do de dez de outubro de dous mil dous, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio

e do Instituto Galego de Consumo, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como postos de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, os seguintes:

CódigoDenominaciónMotivación

IC.C03.00.001.15770.030Xefe Servicio Administración IndustrialArtigo 6 da orde da Consellería da Presidencia e
IC.C03.00.002.15770.035Xefe Servicio Enerxías RenovablesAdministración Pública do 21 de novembro do 1989
IC.C03.00.003.15770.001Subdirector/a xeral de Recursos Minerais(DOG nº 232, do 4 de decembro). Postos de confianza

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dez de outubro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio e do Instituto Galego de Consumo coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública