Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Mércores, 23 de outubro de 2002 Páx. 15.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de outubro de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

A modificación proposta implica a creación do posto de traballo de xefe/a Sección do Rexistro Xeral que obedece á necesidade de facer fronte ó incremento do volume de traballo no propio rexistro, así como a necesidade de coordinar e dirixir toda a actividade, especialmente trala creación e posta en funcionamento de novos centros de Información Administrativa e Atención ó Cidadán. A amortización do posto de traductor/a obedece á necesidade de facer fronte ó incremento de custo que supón a creación do posto antes referido sen que supoña unha diminución dos efectivos do Servicio de Traducción e finalmente a modificación do posto de xefe/a de Sección de Coordinación Administrativa polo de xefe/a de Sección de Habilitación e Administración obedece á posta en funcionamento do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo. Respecto a este último e dada a especial responsabilidade que supón o manexo de fondos públicos, proponse a provisión polo sistema de libre designación.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación da

Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dez de outubro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Clasificar como posto de libre designación, de acordo coa motivación que se especifica, o seguinte:

CódigoDenominaciónMotivación

PR.C99.40.000.36560.005Xefe Sección de Habilitación e AdministraciónPosto de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dez de outubro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública