Aprobado por resolución da Alcaldía, do 15 de outubro de 2002, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución das obras de conservación de camiños municipais: Eidos, Capela e acceso a Soutoxuste, Riofrío, Cristo-Cotarel, depósito de Chapela e rúa Picota, Redondela, anúnciase o seguinte concurso:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).
b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de conservación de camiños municipais: Eidos, Capela e acceso a Soutoxuste, Riofrío, Cristo-Cotarel, depósito de Chapela e rúa Picota, Redondela.
b) Lotes: non.
c) Lugar de execución: diversas parroquias e núcleo urbano, Redondela (Pontevedra).
d) Prazo de execución: 6 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 94.464,86 euros, á baixa.
5. Garantía.
Provisional: 1.889,29 A.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo).
b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.
c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.
d) Teléfono: 986 40 03 00.
e) Telefax: 986 40 38 94.
f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Acreditar solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
-Entidade: Concello de Redondela.
-Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.
-Localidade e código postal: Redondela, 36800.
d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Redondela.
b) Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.
c) Localidade: Redondela (Pontevedra).
d) Data e hora: ver cláusula III.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Outras informacións.
O modelo de proposición axustarase á cláusula III.2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
Redondela, 15 de outubro de 2002.
Manuel Javier Núñez Salgado
Alcalde accidental