Aprobado por resolución da Alcaldía, do 15 de outubro de 2002, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la execución das obras de pavimentación de camiños municipais en Redondela: Chapela, Vilar, Cabeiro, Trasmañó e Saxamonde (PAM-2003), anúnciase o seguinte concurso:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).
b) Dependencia: Urbanismo, Vías e Obras.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: contratación das obras comprendidas no proxecto de pavimentación de camiños municipais en Redondela: Chapela, Vilar, Cabeiro, Trasmañó e Saxamonde (PAM-2003).
b) Lotes: non.
c) Lugar de execución: parroquias de Chapela, Vilar, Cabeiro, Trasmañó e Saxamonde, Redondela (Pontevedra).
d) Prazo de execución: 4 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 189.934,02 euros, á baixa.
5. Garantía.
Provisional: 3.798,68 A.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo).
b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.
c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.
d) Teléfono: 986 40 03 00.
e) Telefax: 986 40 38 94.
f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación do contratista:
Grupo G: vías e pistas.
Subgrupo 4: firmes e mesturas betuminosas.
Categoría: C.
Agás o disposto no artigo 25.2º do TRLCAP para empresas non españolas de Estados Membros da Comunidade Europea. Para que estas empresas poi
dan acollerse ó disposto no indicado artigo, deberán cumpri-lo requisito de non atoparse clasificadas, nin con clasificación suspendida ou anulada.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.
Se o último día do prazo cadrase en sábado ou inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
-Entidade: Concello de Redondela.
-Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.
-Localidade e código postal: Redondela, 36800.
d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Redondela.
b) Domicilio: rúa Alfonso XII, 2.
c) Localidade: Redondela (Pontevedra).
d) Data e hora: ver cláusula III.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Outras informacións.
O modelo de proposición axustarase á cláusula III.2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios.
Serán por conta do adxudicatario.
Redondela, 15 de outubro de 2002.
Manuel Javier Núñez Salgado
Alcalde accidental