Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Pontedeume.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº de expediente: S-C-001/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de camión para recollida de residuos sólidos urbanos.

b) Lugar de execución: Concello de Pontedeume.

c) Prazo de execución (meses): un (1).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cento oito mil cento oitenta e dous con dezaoito euros (108.182,18 A).

5. Garantías:

Provisional: 2.163,64 euros.

Definitiva: o 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Pontedeume.

Enderezo: rúa Real nº 13.

Localidade e código postal: 15600 Pontedeume.

Teléfono: 981 43 30 96.

Fax: 981 43 33 68.

7. Clasificación do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9 ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá esta contratación.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontedeume.

9. Apertuar das ofertas:

a) Data: o sexto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións:

Obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 deste anuncio.

11. Gastos dos anuncios:

O adxudicatario virá obrigado a pagar tódolos gastos de publicación de anuncios de licitación e adxudicación que se publiquen nos medios de comunicación e diarios oficiais.

12. Exposición do prego:

O prego de cláusulas particulares que rexerá esta contratación queda exposto ó público na Secretaría Xeral do Concello de Pontedeume durante o prazo de oito días, para os efectos do disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Pontedeume, 14 de outubro de 2002.

Belarmino Freire Bujía

Alcalde