Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 5 de setembro de 2002, acordou presentar aprobación ó prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación polo sistema de concurso, en procedemento aberto, para subministración a este concello dunha máquina varredora, por un orzamento total de 108.182,18 euros, e sometelo a exposición pública na secretaría xeral do concello (praza do Concello, nº 1), de 9 a 14 horas, durante o prazo de 26 días naturais contados desde a publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG, co fin de que os interesados poidan examinalo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Ó mesmo tempo anúnciase o concurso para a adxudicación da mencionada subministración, durante o mesmo prazo, se ben a licitación quedará adiada no caso de que se presentasen reclamacións contra o modelo de prego de referencia.

Obxecto da licitación: a subministración mediante concurso en procedemento aberto dunha máquina varredora para este concello, cun orzamento de contrata de 108.182,18 euros (IVE incluído).

Tipo de licitación máximo: coincidirá co orzamento de contrata (IVE incluído), podendo ser mellorado á baixa.

Fianzas: a fianza provisional establécese no 2% do orzamento de contrata e a definitiva será do 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de proposicións: na secretaría xeral do concello das 9 ás 14 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde a publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Apertura de proposicións: farase na casa do concello ás 13 horas do décimo día hábil seguinte ó de remate de presentación de proposicións. Se coincide en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Exposición do expediente: o prego de cláusulas administrativas e o resto da documentación do expediente poderase examinar na secretaría xeral do concello en horas de oficina.

Modelo de proposición: os licitadores formularán as súas ofertas axustándose ó modelo de proposición recollido no anexo ó prego de condicións.

Mondoñedo, 17 de setembro de 2002.

Luis Rego Valcarce

Alcalde