Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.024

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (539/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 539/2002 seguidos por instancia de Jesús González Diéguez contra Instalaciones Collado, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos

Parese, dictou sentencia, con data do 20 de setembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento obxecto deste proceso e condeno a empresa Instalaciones Collado, S.L. a que readmita inmediatamente a Jesús González Diéguez nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación, ou ben, á elección do empresario, á extinción do contrato de traballo que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo, aboando á parte demandante unha indemnización de 1.643,15 euros.

A devandita opción deberá exercerse no prazo de cinco (5) días a partir da notificación desta sentencia, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

No caso de que a opción fose a favor da readmisión, esta comportará o aboamento dos salarios que non percibise desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que estima acreditado no feito probado 1º, e tendo en conta a limitación que establece o artigo 57.1º do Estatuto dos traballadores, e que ata esta data ascenden á cantidade de 3.503,7 euros a razón de 34,35 euros ó día.

E debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos legalmente previstos no Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se fará saber que contra a dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia ou por escrito das partes, ó seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por simple manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar, ó anuncia-lo recurso, ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta nº 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado ó do importe da

condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Instalaciones Collado, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido na Ronda de Outeiro, 35 baixo 15009-A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 20 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA