Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das obras de clave PO/02/077.02 e PO/02/078.02.

a) Obra.

1. Conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia de Pontevedra, zona norte.

Clave: PO/02/077.02.

Orzamento: sete millóns douscentos trece mil trescentos noventa e seis euros con seis céntimos (7.213.396,06 A).

Prazo de execución: 48 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

2. Conservación ordinaria e rehabilitación de firmes na provincia de Pontevedra, zona sur.

Clave: PO/02/078.02.

Orzamento: seis millóns setecentos sesenta e cinco mil setecentos sesenta e tres euros con corenta e dous céntimos (6.765.763,42 A).

Prazo de execución: 48 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda; edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/

E en Copy Nino; rúa Xeneral Pardiñas, 2, teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (R.D. 1098/2001, do 12 de outubro).

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día 5-12-2002.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do día 16-12-2002, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de claúsulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no parágrafo F do cadro de características.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda