Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 15.024

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (329/2002).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 329/2002, seguidos por ins

tancia de Luis Julio Santiago Fuentes contra Rediscarta Galicia, S.L. e Fogasa, sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parese, dictou sentencia, con data do 20 de setembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por Luis Julio Santiago Fuentes, debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibi-la cantidade de 3.025.94 euros polos conceptos que se expresan no feito probado segundo desta resolución e, nese sentido, debo condenar e condeno a empresa Rediscarta Galicia, S.L. a que, estando e pasando por tal declaración, aboe á demandante a cantidade de 3.025,94 euros en concepto de salarios e liquidación.

E debo absolver e absolvo a Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a dita resolución, cabe o recurso de suplicación, que deberá anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, de ser posible o anuncio por simple manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá tamén acreditar ó anuncia-lo recurso que consignou o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, conta número 5602-60, podendo substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito, nun impreso separado ó do importe

da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Rediscarta Galicia, S.L., que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. de r/ Agra de Bragua, 49-baixo A, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 20 de setembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado