Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 14.997

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de outubro de 2002, do tribunal nomeado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, pola que se anuncian as datas, a hora e o lugar para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 200, do mércores, 16 de outubro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

-No parágrafo segundo, onde di: «os aspirantes deberán absterse de tomar ningun alimento desde, alomenos, oito horas antes da prevista para a celebración da proba», debe dicir: «os aspirantes acudirán provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e deberán absterse de tomar ningún alimento desde, alomenos, oito horas antes da prevista para a celebración da proba».