Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 14.997

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (persoal laboral fixo), convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 7 de agosto de 2002, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de realización da primeira proba da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 15 de outubro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 20 de setembro de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (persoal laboral fixo), acordou convocar a tódolos concursantes á primeira proba da fase de oposición para o día 7 de novembro de 2002 ás 9.30 horas, no salón de graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña, de acordo co establecido na base II.1.2 da convocatoria.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal