Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 14.996

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 063 (oficial 1ª conductor e outras) do grupo III, de conformidade co establecido na Resolución do 1 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 5 de abril)

Publicadas as resolucións dos días 31 de maio de 2002 (DOG nº 112, do 12 de xuño) e do 31 de xullo de 2002 (DOG nº 152, do 8 de agosto) relativas á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e correspondentes á categoría 063 (oficial 1ª conductor e outras) do grupo III e unha vez finalizados os prazos previstos nestas e elaboradas as listas definitivas pola comisión permanente de selección de persoal laboral, na sesión celebrada o día 25 de setembro de 2002, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 063 (oficial 1ª conductor e outras) do grupo III. As listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación definitiva.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos encóntranse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención o Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data da publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición destas listas definitivas, os solicitantes admitidos serán incluídos pola Comisión Permanente de Selección nas listas do grupo e categoría existentes, no lugar que lles corresponda pola orde de prelación obtida, segundo o establecido na base 6.3 da Resolución do 1 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia nº 66, do 5 de abril).

Cuarto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública