Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 14.996

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros na lista para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral regulados no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente á categoría 011 (auxiliar de laboratorio) do grupo IV, publicada por Resolución do 15 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 76, do 19 de abril).

Advertido erro material na lista para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000 do 31 de marzo, correspondente á categoría 011 (auxiliar de laboratorio) do grupo IV, e rectificados pola Comisión Permanente de Selección para postos de persoal laboral, na súa sesión do día 25 de setembro de 2002 en aplicación do establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección xeral

RESOLVE:

Publica-la rectificación do erro material indicado no sentido de:

Incluír na lista correspondente á categoría 011 (auxiliar de laboratorio) do grupo IV a José Manuel Bar

Fernández con DNI 36025135 no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 22, no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 14, no ámbito xeográfico D3200 co número de orde 10, e no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 17, en todos eles cunha puntuación de 1,250 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública