Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 14.995

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros na lista para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12 c) do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente á categoría 003 (controlador/a pecuario e outras) do grupo III, publicada por Resolución do 15 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 59, do 25 de marzo).

Advertidos erros materiais na lista para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no artigo 12c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondente á categoría 003 (controlador/a pecuario e outras) do grupo III, e rectificados pola Comisión Permanente de Selección para postos de persoal laboral, na súa sesión do día 25 de setembro de 2002, en aplicación do establecido no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, esta dirección xeral

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de incluír na lista correspondente á categoría 003 (controlador/a pecuario e outras) do grupo III a:

Matilde Rial Verde con DNI 76817165, cunha puntuación de 1,350 puntos, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 5, no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 3, no ámbito xeográfico D3200 co número de orde 3 e no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 4.

Antonio Sanmiguel Vázquez con DNI 78780972, cunha puntuación de 0,000 puntos, no ámbito xeográfico D1500 co número de orde 15, no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 10, no ámbito xeográfico D3200 co número de orde 9 e no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 9.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública