Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 14.994

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 setembro de 2002 pola que se fai pública a validación do curso de especialidade en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), no seu artigo 2 establece que se lles validará o curso de especialidade en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que estean en posesión dos certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas. Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concede-la validación do curso de especialidade en lingua galega ás persoas que se relacionan a seguir, por reuniren os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde de 26 de novembro de 1993:

Mª José Dopico Rodríguez: 33217799.

Mª Montserrat Logroño Silva: 35313017.

Mª del Carmen Cameselle Paz: 36079405.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expedirálle-los correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria