Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 22 de outubro de 2002 Páx. 14.994

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002 pola que se adxudican as axudas correspondentes ó prógrama de Investigación Xeolóxica e Mineira, do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005, convocadas pola Orde do 30 de abril de 2002 da Consellería de Industria e Comercio, de acordo coas bases establecidas na Orde do 29 de abril de 2002 da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (Diario Oficial de Galicia número 93, do 15 de maio).

A Orde do 30 de abril de 2002 (DOG nº 93, do 15 de maio) convoca as axudas correspondentes ó programa de Investigación Xeolóxica e Mineira do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2002-2005 de acordo coas bases establecidas na Orde do 29 de abril de 2002

da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (DOG nº 93, do 15 de maio).

Segundo o establecido nas citadas ordes e atendendo ás dispoñibilidades de crédito e conforme coa proposta elaborada pola comisión de selección seguindo os criterios de avaliación determinados no punto sexto das bases da convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de I+D e proxectos de innovación tecnolóxica, establecidas na base primeira, números tres e catro, para empresas, agrupacións de empresas e asociacións sen ánimo de lucro, ós beneficiarios que se relacionan no anexo que se xunta a esta resolución, no que se especifican os seguintes datos:

-Nome do beneficiario.

-Denominación do proxecto.

-Custo total do proxecto.

-Porcentaxe e contía da subvención.

Estas axudas están cofinanciadas con fondos europeos FEDER MAC.

Segundo.-A Consellería de Industria e Comercio realizará os trámites necesarios para a instrucción dos correspondentes expedientes de gasto, con cargo á partida orzamentaria 08.02.432A 770.1.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios do establecido na orde de bases do 29 de abril e na orde de convocatoria do 30 de abril, suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Neste procedemento non se teñen en conta máis feitos e probas que as aducidas polo interesado, para os efectos do establecido no parágrafo segundo do artigo 9.4º do Decreto 287/2002, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase intepoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o artigo 116 e seguintes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e sen prexuízo de os interesados poderen exercer calquera outro que coiden oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001, DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio