Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria realizada con data 29 de agosto de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da zona 8 do SU-15 do PXOU de Ourense, por instancia de Senén Murias Taboada en representación propia e de seus irmáns José Luis, Eduardo e María del Carmen Murias Taboada e Jesús Rodríguez Taboada en representación de Río Arenteiro, S.L. coas condicións sinaladas polo Servicio de Enxeñería, do Servicio Eléctrico e da enxeñeira municipal da concellería de Medio Ambiente e logo

da constitución da garantía para a execución das obras na cantidade de 388.854,83 euros.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 16 de setembro de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente