Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, dos traballos de elaboración dunha auditoría ambiental, plan de acción, seguimento e participación cidadá e cadro de indicadores da Axenda 21 no concello de Mondariz-Balneario.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Mondariz-Balneario.

Dependencia: secretaría. Nº de expediente: C1/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: contratación dunha asistencia técnica para realiza-los traballos de campo e a elaboración dunha auditoría ambiental do concello de Mondariz-Balneario, entendida esta como un conxunto de estudios, análises e propostas recollidas en forma de documentos e outros materiais que teñen que sintetiza-lo estado ambiental en todo o concello e, a partir desa diagnose da situación actual, elabora-lo plan de acción da Axenda 21, elaborar e pór en marcha o plan de participación cidadá e elaborar e pór en marcha o plan de seguimento e o cadro de indicadores que permitan face-lo seguimento de sustentabilidade.

Lugar de execución: concello de Mondariz-Balneario.

Prazo de execución: ata o 30 de novembro de 2003. A fase de prediagnose, ata o 20 de decembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento base: 38.000 euros.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Mondariz-Balneario (Secretaría).

Domicilio: rúa Constitución, 1.

Teléfono: 986 65 61 36.

Fax: 986 66 20 61.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se precisa.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: oito días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio da licitación no BOP ou DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: punto 6 do anuncio.

Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura de proposicións.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: punto 6 do anuncio.

Data e hora: 12 horas do día hábil seguinte, agás sábado, ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase ó establecido no prego.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta dos adxudicatarios.

Mondariz-Balneario, 11 de outubro de 2002.

José Antonio Lorenzo Rodríguez

Alcalde