Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.900

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de outubro de 2002 pola que se convoca concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores de ensinanza secundaria, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

De conformidade coa Orde do 1 de outubro de 2002 (BOE do 4 de outubro) pola que se establecen normas procedimentais aplicables ós concursos de traslados de ámbito nacional dos funcionarios dos corpos que imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo, que se convoquen durante o curso 2002/2003 e existindo prazas vacantes nos centros docentes, que se deben prover entre funcionarios dos corpos que a continuación se citan, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispuxo convocar concurso de traslados de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Convócase concurso de traslados, de acordo coas especificacións que se citan na presente orde, para a provisión de prazas vacantes entre funcionarios docentes dos corpos de:

-Profesores de ensino secundario (corpo 590).

-Profesores técnicos de formación profesional (corpo 591).

-Profesores de escolas oficiais de idiomas (corpo 592).

-Catedráticos de música e artes escénicas (corpo 593).

-Profesores de música e artes escénicas (corpo 594).

-Profesores de artes plásticas e deseño (corpo 595).

-Mestres de taller de artes plásticas e deseño (corpo 596).

Este concurso rexerase polas seguintes disposicións: Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes; Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública; Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia; Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro; Real decreto 850/1993, do 4 de xuño; Real decreto 575/1991, do 22 de abril; Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro; Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, modificado polo Real decreto 2042/1995, do 22 de decembro; Real decreto 777/1998, do 30 de abril; Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño; Real decreto 2193/1995, do 28 de decembro; Orde do 1 de outubro de 2002.

Segunda.-Publicación de prazas correspondentes ós corpos citados no apartado anterior.

As vacantes provisionais do concurso publicaranse antes do 5 de marzo de 2003 e as vacantes definitivas antes do día 8 de maio de 2003, no Diario Oficial de Galicia.

Ó amparo da presente orde convócanse, ademais das vacantes previstas no momento da convocatoria, as que se produzan ata o 31 de decembro de 2002 e as que resulten da resolución do concurso en cada corpo polo que se concursa así como as que orixinase no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a resolución dos concursos convocados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e os restantes departamentos das administracións educativas que se encontren en pleno exercicio das competencias en materia de educación. Así mesmo, pódense incorpora-las vacantes que resulten da resolución dos concursos de traslados específicos que se convoquen no mes de outubro de 2002. Todas elas sempre que se correspondan con prazas que teñan o seu funcionamento previsto na planificación xeral educativa.

Terceira.-Corpo de profesores de ensino secundario.

Os profesores pertencentes a este corpo poderán solicita-las seguintes prazas:

1. Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para as localidades e os centros que figuran no anexo I da presente orde, e para as especialidades que se indican no anexo VII. A petición de localidade implica que se solicitan tódolos centros da mesma pola orde que aparecen relacionados no anexo I.

2. Prazas de cultura clásica. Teñen esta denominación aquelas prazas ás que, de conformidade co establecido na disposición adicional décima do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, poden acceder indistintamente os titulares das especialidades de latín ou grego. Estas prazas aparecerán convenientemente diferenciadas nos cadros de persoal dos centros e o profesor que acceda a elas estará obrigado a impartir tanto as materias ou áreas atribuídas á especialidade de grego como a de latín.

Cuarta.-Profesores técnicos de formación profesional.

Os profesores pertencentes a este corpo poderán solicita-las prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para as localidades e os centros que figuran no anexo I, e para as especialidades que figuran no anexo VIII. A petición de localidade implica que se solicitan tódolos centros da mesma pola orde que aparecen relacionados no anexo I.

Quinta.-Profesores de escolas oficiais de idiomas.

Os profesores pertencentes a este corpo, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades que figuran no anexo IX.

Sexta.-Catedráticos e profesores de música e artes escénicas.

1. Os catedráticos do corpo de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades que figuran no anexo X.

2. Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicitar prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades que figuran no anexo XI.

Sétima.-Profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

1. Os profesores do corpo de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV, para as especialidades que figuran no anexo XII.

2. Os mestres de taller de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicitar prazas dos centros que aparecen no anexo IV, para as especialidades que figuran no anexo XIII.

Oitava.-Participación voluntaria:

1. Funcionarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1.1. Poderán participar con carácter voluntario neste concurso de traslados:

a) Os funcionarios que estean en situación de servicio activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Uni

versitaria, sempre que, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do número 6 da disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto, transcorreran ó remate do presente curso académico, alomenos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) Os funcionarios que se atopen en situación de servicios especiais declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria, sempre que trascorreran ó remate do presente curso académico, alomenos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

c) Os funcionarios que estean en situación de excedencia voluntaria declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Se se tratase dos supostos de excedencia voluntaria por interese particular ou por agrupación familiar contempladas nos puntos 2º e 3º do artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega, só poderán participar se ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorresen dous anos desde que pasaron a esta situación.

d) Os funcionarios que se atopen en situación de suspensión declarada desde centros actualmente dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sempre que ó finaliza-lo curso escolar en que se realicen as convocatorias transcorrese o tempo de duración da sanción disciplinaria de suspensión.

1.2. Para os efectos previstos no punto 1 entenderase como data de finalización do curso académico a do 30 de setembro de 2003.

1.3. Para participar no concurso de traslados na especialidade de xeografía e historia será requisito imprescindible ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, te-la validación correspondente ou telo superado a través de proba libre. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito os que superasen a proba de coñecementos da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de ensino secundario.

Este requisito deberá posuírse e xustificarse no prazo de reclamacións e renuncias previsto na base décimo sétima.

1.4. Os participantes ós que se alude no punto 1 desta base poderán igualmente incluír na súa solicitude prazas correspondentes ás convocatorias realizadas polas restantes administracións educativas nos termos establecidos nas mesmas.

1.5. Os que desexen exercer un dereito preferente para a obtención de destino deberán aterse ó que se determina na base décima desta convocatoria.

2. Funcionarios dependentes doutras administracións educativas.

Poderán solicitar prazas correspondentes a esta convocatoria, os funcionarios dependentes doutras administracións educativas sempre que cumpran os requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Estes funcionarios deberán ter obtido o seu primeiro destino definitivo no ámbito de xestión da administración educativa á que se circunscribía a convocatoria pola que foron seleccionados, agás que nela non se establecera a esixencia deste requisito.

Estes concursantes deberán dirixi-la súa instancia de participación ó órgano que se determine na convocatoria que realice a administración educativa da que depende o seu centro de destino.

3. Así mesmo, os profesores que no curso académico 2002/2003 estean desprazados do seu centro de destino definitivo por falta de horario ou presten servicios no seu centro noutra especialidade poderán concursar voluntariamente cos mesmos dereitos que os profesores suprimidos.

Esta situación acreditarase mediante certificación da dirección do instituto co visto e prace da inspección educativa.

Novena.-Participación forzosa.

1. Están obrigados a optar ás prazas anunciadas nesta convocatoria, dirixindo a súa instancia á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos termos indicados na base décimo segunda, os funcionarios que se atopen nalgunha das situacións que se indican a continuación:

a) Funcionarios que, procedentes da situación de excedencia ou suspensión de funcións, reingresasen con destino provisional no ámbito de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria con anterioridade á data de publicación desta convocatoria.

No suposto de que non participen no presente concurso ou non soliciten suficiente número de prazas vacantes, adxudicaráselles de oficio destino definitivo en prazas que poidan ocupar segundo as especialidades das que sexan titulares, en centros situados na Comunidade Autónoma.

De non adxudicárselles destino definitivo permanecerán na situación de destino provisional.

b) Os funcionarios que se atopen na situación de excedencia forzosa ou suspensión de funcións con perda do posto de destino e que, cumprida a sanción, non obtivesen un reingreso provisional, e que fosen declarados nestas situacións desde un centro dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Os funcionarios incluídos no parágrafo anterior, no suposto de non participaren no presente concurso, ou

se participando non solicitasen suficiente número de centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos que corresponde impartir ensinanzas ó seu corpo, cando non obtivesen destino definitivo, quedarán na situación de excedencia voluntaria, prevista no punto 2º a) do artigo 55 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública galega.

c) Os funcionarios que, estando adscritos a prazas no exterior, deban reincoporarse ó ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no curso 2003/2004, ou que téndose reincorporado en cursos anteriores non teñan obtido un destino definitivo.

Os profesores que desexen exerce-lo dereito preferente á localidade a que se refire o artigo 52.2º do Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño, deberán solicitar, de conformidade co establecido na base décima da presente convocatoria, tódalas prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares correspondentes ós centros da localidade na que tiveron o seu último destino definitivo. No suposto de que non obteñan destino, quedarán adscritos provisionalmente á dita localidade.

d) Os funcionarios que perdesen o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, ou por encontrarse en situación de desprazado ou suprimido do posto que desempeñaban con carácter definitivo.

Estes profesores poderán exerce-lo dereito preferente a centro a que se refire o artigo 41 do Real decreto 1701/1991, do 29 de novembro, na súa redacción dada polo Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, na forma que se indica na base décima da presente convocatoria.

Así mesmo, poderán exerce-lo dereito preferente a localidade na forma que se indica na citada base décima.

Os profesores desprazados que non exerzan o dereito preferente á localidade por tódalas prazas para as que estean habilitados pasarán á situación de suprimidos.

e) Os profesores con destino provisional que durante o curso 2002/2003 estean prestando servicios en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e que figuren como tales na Resolución do 25 de abril de 2002 (DOG do 8 maio) pola que se resolvía o concurso de traslados do curso anterior. Estes funcionarios están obrigados a solicitar prazas da especialidade ou especialidades das que sexan titulares, podendo ademais incluír nas mesmas condicións postos ós que poidan optar en virtude das titulacións que posúan, de acordo coas bases desta convocatoria.

Ós profesores incluídos neste punto que non concursen ou que facéndoo non soliciten suficiente núme

ro de prazas vacantes adxudicaráselles de oficio destino definitivo en postos ós que poidan optar polas especialidades das que sexan titulares en centros situados na Comunidade Autónoma.

No caso de non obteren destino definitivo serán destinados provisionalmente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo procedemento que se estableza.

f) Os funcionarios en prácticas que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 12 de marzo de 2002.

2. Os participantes no concurso pola letra f) do número anterior farano con cero puntos. A adxudicación de destino efectuarase polo número de orde co que figuran nos anexos da Orde do 9 de agosto de 2002 (DOG do 23 de agosto)

A aqueles profesores que debendo participar por este punto f) non presenten instancia ou participando non soliciten suficiente número de centros, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adxudicaralles de oficio destino definitivo en prazas que poidan ocupar segundo as especialidades dos que sexan titulares ou, se é o caso, destino provisional.

O destino que puidese corresponderlles estará condicionado, se é o caso, á superación da fase de prácticas e ó nomeamento como funcionario de carreira.

3. Quedan exceptuados da obrigatoriedade de concursar:

a) Os que procedendo do corpo de mestres accederan ó corpo de profesores de ensino secundario a través do procedemento de acceso a corpos docentes de grupo superior e optaran por continuar no corpo de mestres.

A estes mestres, se resultaron adscritos ó primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria na mesma especialidade pola que accederon ó corpo de profesores de ensino secundario, resultaralles de aplicación, se non participan neste concurso, o establecido na disposición adicional quinta da Orde do 15 de maio de 1996, pola que se regula o proceso de adscrición dos funcionarios do corpo de mestres afectados pola implantación da educación primaria e do primeiro ciclo da educación secundaria obrigatoria.

b) Os funcionarios dos corpos de mestres ou profesores técnicos de formación profesional que acederon ó corpo de profesores de ensino secundario e optaron por permanecer no seu corpo de orixe.

c) Os profesores desprazados do instituto cando no mesmo teña destino definitivo un profesor ou profesora da mesma especialidade nacido/a antes do 30 de setembro de 1940. Si existise máis dun profesor desprazado non está obrigado a concursa-lo que teña maior dereito, conforme os criterios establecidos no punto oitavo da Orde do 1 de outubro de 1998 (DOG do 9 de outubro).

Décima.-Dereitos preferentes.

Os profesores que se acollan ó dereito preferente farano constar nas súas instancias, indicando a causa na que apoian a súa petición.

Para os efectos de solicitude de prazas só se terán en conta os seguintes dereitos preferentes:

1. Dereito preferente a centro.

1.1. Dereito de retorno.

De conformidade co establecido no punto décimo oitavo da Orde do 1 de outubro de 1998, os profesores que fixeran reserva do dereito de retorno terán dereito preferente ó seu centro de orixe nas especialidades das que sexan titulares, ou á praza de orixe do mesmo centro.

Para exercer este dereito preferente, deberán consignar na solicitude de participación, en primeiro lugar, o código do centro e especialidade a que corresponda a vacante, podendo consignar ademais outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, ou da titulación que posúan, se desexan concursar a el fóra do dereito preferente.

1.2. Dereito preferente a prazas, no centro no que teñan destino definitivo, da nova especialidade adquirida en virtude dos procedementos selectivos convocados para tal efecto ó abeiro do título III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo terceira.1 do Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, os funcionarios de carreira que adquiriran unha nova especialidade ó seren declarados aptos nos procedementos selectivos convocados, para tal efecto, gozarán de preferencia, por unha soa vez, e con ocasión de vacante, para obter destino en prazas da nova especialidade adquirida no centro donde teñan destino definitivo, sen prexuízo do establecido no apartado 1.1 e 1.3 desta base. Para exercer este dereito preferente, deberán consignar na solicitude de participación, en primeiro lugar, o código do centro e especialidade á que corresponda a vacante, podendo consignar ademais outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares ou da titulación que posúan, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

1.3. Dereito preferente para obter postos no centro donde tiveran destino definitivo.

De conformidade co disposto na disposición adicional décimo terceira. 2 do Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, os profesores desprazados do posto de traballo no que teñan destino definitivo gozarán mentres se manteña esta circunstancia de dereito preferente ante calquera outro aspirante para obter calquera outro posto no mesmo centro, sempre que reúna os requisitos esixidos para o seu desempeño.

Cando concorran dous ou mais profesores nos que se dea circunstancia sinalada no parágrafo anterior, adxudicarase a praza ó profesor que conte con maior puntuación no presente concurso de traslados.

O profesorado que desexe exercer este dereito deberá consignar na instancia de participación en primeiro lugar o código do centro e especialidade á que corresponda a vacante. Igualmente, deberán incluír, a continuación, outras peticións correspondentes a prazas doutros centros da localidade ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares e da titulación que posúen.

2. Dereitos preferentes á localidade

2.1. Os profesores que resultaran desprazados ou suprimidos no proceso de adscrición regulado pola Orde do 1 de outubro, terán dereito preferente á localidade na que estaba situado o seu centro.

Para que o dereito preferente teña efectividade, os solicitantes están obrigados a consignar na súa instancia de participación en primeiro lugar tódalas prazas correspondentes ás especialidades as que poidan optar dos centros convocados no concurso de traslados dentro da localidade na que aspiren a exerce-lo dereito preferente, relacionados por orde de preferencia.

2.2. Dereitos preferentes á localidade previstos no Real decreto 1027/1993, do 25 de xuño, polo que se regula a acción educativa no exterior.

2.3. Os funcionarios que gocen do dito dereito poderán facer uso del para a localidade onde tiveron o seu último destino definitivo no corpo. Para que o dereito preferente teña efectividade, os solicitantes están obrigados a consignar na súa instancia de participación en primeiro lugar tódalas prazas correspondentes ás especialidades ás que poidan optar dos centros convocados no concurso de traslados dentro da localidade na que aspiren a exerce-lo dito dereito, relacionados por orde de preferencia.

2.4. Os concursantes por este punto 2, no caso de que se omitisen algúns dos centros da localidade onde desexen exerce-lo dereito preferente, a Administración, de oficio, consignará os centros restantes da dita localidade.

Poderán incluír, a continuación, outras peticións correspondentes a prazas ás que poidan optar en virtude das especialidades das que sexan titulares, se desexan concursar a elas fóra do dereito preferente.

Décimo primeira.-Forma de participación.

1. Aínda que se concurse por máis dunha especialidade, ou se soliciten prazas de diferentes órganos convocantes, os concursantes presentarán unha única instancia, acompañada dunha fotocopia desta e unha folla de alegación e autobaremación, axustada ó modelo que se atopará á disposición dos interesados e simultaneamente presentarán, para a demostración dos méritos, os documentos que se indican no baremo que aparece como anexo V ou VI á presente orde, en cada un dos que deberá facerse constar nome, apelidos, especialidade e corpo.

Coa finalidade de reducir e simplifica-los trámites administrativos que deben realiza-los concursantes, os que tendo participado nos concursos de traslados convocados nos últimos oito anos e non retiraron a

documentación presentada, non deberán acreditar ningún dos méritos alegados e xustificados.

Estes participantes deberán achegar unicamente, a documentación dos méritos entón non alegados e non xustificados debidamente ou, se é o caso, a documentación correspondente ós méritos perfeccionados con posterioridade á súa última participación no concurso de traslados.

A instancia dirixirase á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. A solicitude podrá efectuarse a través da Internet. En caso de usa-la páxina web da Dirección Xeral de Persoal, imprimirase a petición que podrá presentarse no propio centro educativo no que se presta servicios. Neste caso, o centro procederá a remiti-la solicitude á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

No momento de presentación da instancia de participación os méritos alegados deberán ser xustificados documentalmente, segundo determina o baremo, consignando os datos ós que se refire o primeiro parágrafo desta base.

Tódalas fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polos directores dos centros ou das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá requiri-lo interesado, en calquera momento, a xustificación daqueles méritos alegados que non estean debidamente acreditados.

Aínda que se concorra a prazas de diferentes especialidades só poderá obterse un único destino.

Décimo segunda.

As instancias, orixinal e copia, así como a documentación á que se alude no punto anterior, poderanse presentar nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de que optasen por presenta-la súa solicitude ante unha oficina de correos, farano en sobre aberto, para que a instancia sexa datada e selada polo funcionario de correos antes de ser certificada. Os que efectúen a solicitude pola Internet poderán presentala no instituto ou centro educativo no que presten servicios.

Décimo terceira.

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será o comprendido entre os días 29 de outubro e 15 de novembro do 2002, ámbolos dous inclusive. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha solicitude.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias non se admitirá ningunha modificación ás peticións formuladas. Non obstante, admitiráselles renuncia a participar no concurso de traslados ós concursantes con carácter voluntario no prazo establecido para as reclamacións á lista provisional, na base décimo sétima, entendendo que tal renuncia afecta a tódalas peticións e especialidades consignadas na súa instancia de participación.

Décimo cuarta.

Os asinantes das instancias deberán manifestar nelas, de modo expreso, que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria, consignando os centros que soliciten por orde de preferencia, cos números de código e especialidade que figuran nos anexos á presente orde e, se é o caso, nos correspondentes anexos ás convocatorias de concurso de traslados efectuados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes e os departamentos de educación das administracións educativas convocantes.

Décimo quinta.

Para a avaliación dos méritos alegados polos concursantes, no que se refire ó punto 2.1 do baremo de puntuacións, anexo V e punto 1.2.3, 1.3.2 e 2.1 do anexo VI á presente orde, a Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria designará as comisións dictaminadoras oportunas, compostas polos seguintes membros:

A) Para o corpo de profesores de ensino secundario:

-Un presidente nomeado entre os funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa ou funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario coa condición de catedrático en activo.

-Vocais: catro profesores do corpo de profesores de ensino secundario, en activo.

B) Para o corpo de profesores técnicos de formación profesional:

-Un presidente, nomeado entre funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa ou funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario ou profesores técnicos de formación profesional en activo.

-Catro vocais, todos eles funcionarios dos corpos de profesores de ensino secundario ou profesores técnicos de formación profesional en activo.

C) Para o corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

-Un presidente, nomeado entre os funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa ou funcionario do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, en activo.

-Catro vocais do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas en activo.

D) Para os corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño:

-Un presidente, nomeado entre funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa, ou funcionario do corpo de profesores de artes plásticas e deseño, en activo

-Catro vocais, funcionarios de carreira dos corpos de profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño en activo.

-Poderase, se é o caso, nomear comisións para os corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas.

En cada unha das comisións dictaminadoras anteriores actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal de entre os que exerzan funcións na dita dirección xeral.

Ademais, poderá asistir ás comisións dictaminadoras un representante de cada organización sindical con presencia na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

As comisións dictaminadoras poderán solicita-lo asesoramento que consideren oportuno.

Os membros das comisións estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A asignación da puntuación que lles corresponde ós concursantes, polos restantes puntos do baremo de méritos, será levada a efecto por unha comisión constituída por funcionarios destinados na unidade de persoal da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

Décimo sexta.

Unha vez recibidas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as actas das comisións dictaminadoras, coas puntuacións asignadas ós concursantes, procederase, conforme as peticións e os méritos dos participantes, á adxudicación dos destinos e faranse públicas, nas súas delegacións provinciais, as resolucións provisionais dos concursos de traslados.

No caso de producirse empates no total das puntuacións, estes resolveranse, atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos puntos do baremo conforme a orde na que aparecen nel. Se persistise o empate atenderase á puntuación obtida nos distintos subpuntos pola orde, igualmente, que aparecen no baremo. En ámbolos casos, a puntuación que se tome en consideración en cada punto non podrá exceder da puntuación máxima establecida para cada un deles no baremo, nin, no suposto dos subpuntos, a que corresponda como máximo ó punto no que se atopen incluídos. Cando ó aplicar estes criterios, algún ou algúns dos subpuntos alcance a máxima puntuación

outorgada ó punto ó que pertence, non se tomarán en consideración as puntuacións do resto de subpuntos. De resultar necesario, empregarase como criterios de desempate o ano no que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola que resultou seleccionado.

Décimo sétima.

Os concursantes poderán presentar reclamacións ás resolucións provisionais, a través do órgano no que presentaron a súa instancia de participación, no prazo de oito días a partir da súa exposición.

Así mesmo, no mesmo prazo, poderán presentar renuncia á súa participación no concurso nas condicións establecidas na base décimo terceira desta convocatoria. Estas reclamacións ou renuncias presentaranse polos procedementos a que alude a base décimo terceira.

Décimo oitava.

Consideradas as reclamacións e renuncias á que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Persoal procederá a dicta-las resolucións definitivas destes concursos de traslados. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia. As prazas adxudicadas na dita resolución son irrenunciables, polo que os participantes deberán incorporarse ás prazas obtidas.

Décimo novena.

Os funcionarios que mediante a convocatoria realizada ó amparo desta orde, obteñan destino definitivo nun ámbito de xestión distinto ó do seu posto de orixe, percibirán as súas retribucións de acordo coas normas retributivas correspondentes ó ámbito no que obtiveron destino.

Víxésima.

Os profesores excedentes que reingresen ó servicio activo como consecuencia do concurso, presentarán ante a delegación provincial da que dependa o centro obtido mediante o concurso de traslados, declaración xurada ou promesa de non se atoparen separados de ningún corpo ou escala da Administración do Estado, das comunidades autónomas ou da local, en virtude de expediente disciplinario, e de non estaren inhabilitados para o exercicio de funcións públicas.

Vixésimo primeira.

A toma de posesión dos novos destinos terá efectividade administrativa do 1 de setembro de 2003. Non obstante, os profesores que obtiveran destino nestes concursos deberán permanecer nos seus centros de orixe ata que conclúan as actividades imprescindibles previstas para a finalización do curso.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO V

Baremo de prioridades na adxudicación de destino, nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

I. Méritos expresamente indicados na disposición adicional novena.4 da LOXSE.

1.1. Condición de catedrático.

1.1.1. Por ter adquirida a condición de catedrático.

6,00 puntosTítulo administrativo ou credencial ou, se é o caso, o boletín ou diario oficial no que apareza o seu nomeamento.

1.1.2. Por cada ano de antigüidade na condición de catedrático.

Para estes efectos a antigüidade na condición de catedrático, con anterioridade á entrada en vigor da LOXSE, será a que se corresponda cos servicios efectivamente prestados nos corpos de catedráticos e, no de profesores de termo de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

0,50 puntosTítulo administrativo ou credencial coas dilixencias de posesión e cesamentos que tivera desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

1.2. Antigüidade.

(Ver disposición complementaria primeira)

1.2.1. Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante.

2,00 puntosTítulo administrativo ou credencial coas dilixencias de posesión e cesamento que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.2. Por cada ano de servicios efectivos como funcionarios de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refire a LOXSE do mesmo ou superior grupo.1,50 puntosTítulo administrativo ou credencial coas dilixencias de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.3. Por cada ano de servicios efectivos como funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refire a LOXSE de grupo inferior.0,75 puntosTítulo administrativo ou credencial coas dilixencias de posesión e cesamento ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.4. Por cada ano consecutivo como funcionario con destino definitivo na mesma praza do centro desde o que se concursa ou no posto ó que se estea adscrito no estranxeiro, na función inspectora ó amparo da disposición adicional décimo quinta da Lei de medidas para a reforma da función pública, ou noutros postos, servicios de investigación ou apoio á docencia, dependentes da Administración educativa sempre que estas situacións de adscrición impliquen perda do seu destino docente:

Nos supostos de adscrición o tempo que transcorre desde a súa finalización ata a participación neste concurso será valorado polo punto 1.2.5 (Ver disposición complementaria segunda)

Título administrativo, coa dilixencia de posesión no centro desde o que se concursa.
Polo primeiro e segundo ano:2,00 puntos por ano
Polo terceiro ano:3,00 puntos
Polo cuarto e quinto ano:4,00 puntos por ano
Polo sexto ano:5,00 puntos
Polo sétimo e octavo ano:4,00 puntos por ano
Polo noveno ano:3,00 puntos
Polo décimo e seguintes:2,00 puntos por ano

Son unicamente computables por este punto os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo polo que concursa.

Para os funcionarios obrigados a concursar por ter perdido o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, por provir da situación de excedencia forzosa ou, se é o caso, por supresión expresa con carácter definitivo, da súa praza, ou por teren sido desprazados dos seus centros, considerarase como praza desde a que participan, ós fins de determina-los servicios a que se refire este punto, a última servida con carácter definitivo ó que se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera praza. Terán dereito, ademais, a que se lles acumulen á praza de procedencia os servicios prestados con carácter definitivo na praza inmediatamente anterior a aquella que lles foi suprimida. Para o caso de profesores afectados por supresións consecutivas de prazas, esa acumulación comprenderá os servicios prestados con carácter definitivo nas prazas que, sucesivamente, lles foron suprimidas.

No suposto de que o profesor afectado non tivese desempeñado outro destino definitivo, terá dereito a que se lle acumulen para os efectos sinalados a seguinte puntuación: 1 punto por cada ano con destino provisional.

Igualmente, os citados criterios serán de aplicación ós funcionarios que participen desde o destino adxudicado no cumprimento de sanción disciplinaria de traslado con cambio de residencia.

Os funcionarios que se atopen prestando servicios no primeiro destino definitivo obtido despois de terlles suprimido a praza da que eran titulares terán dereito a que se lles consideren como prestados no centro desde o que concursa os servicios que acrediten no centro no que se lles suprimiu a praza e, se é o caso, os prestados con carácter provisional con posterioridade á citada supresión. Este mesmo criterio aplicarase ós que se atopen prestando servicios no primeiro destino definitivo obtido despois de teren perdido o seu destino por cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, ou por provir da situación de excedencia forzosa.

1.2.5. Os funcionarios de carreira en expectativa de destino, e os que participando por primeira vez con carácter voluntario opten na súa solicitude pola puntuación correspondente a este subpunto en substitución da correspondente ó subpunto 1.2.4., na forma que se especifica na disposición complementaria terceira deste baremo.

Por cada ano de servicio:1,00 puntosTítulo administrativo coas dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivera desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos Rexistros de Persoal.

1.2.6. Cando a praza con carácter definitivo desde a que se participa teña a cualificación como de especial dificultad por estaren situada en centro de atención educativa preferente, engadirase á puntuación do subpunto 1.2.4. a seguinte puntuación:

Polo primeiro e segundo ano:1,00 puntos por ano

Polo terceiro ano:1,50 puntos

Polo cuarto e quinto ano:2,00 puntos por ano

Polo sexto ano:2,00 puntos

Polo sétimo e oitavo ano:2,00 puntos por ano

Polo noveno ano:1,50 puntos

Polo décimo e seguintes:1,00 punto por ano

1.3. Méritos académicos.Máximo 10,00 puntos

Unicamente se terán en conta para os efectos da súa valoración os títulos con validez oficial no Estado español.

1.3.1. Doutoramento e premios extraordinarios:-Por ter obtido o título de doutor na titulación alegada para o ingreso no corpo desde o que se concursa.5,00 puntosTítulo ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

-Por premio extraordinario no doutoramento da titulación alegada para ingreso no corpo desde o que se concursa.1,00 puntoDocumento xustificativo del.

-Por premio extraordinario na titulación alegada para o ingreso no corpo desde o que se concursa.0,50 puntosDocumento xustificativo del.

-Polo título de doutor noutras licenciaturas.3,00 puntosDocumento xustificativo del.

-Por premio extraordinario noutro doutorado.0,50 puntosDocumento xustificativo del.

-Por premio extraordinario noutras licenciaturas.0,25 puntosDocumento xustificativo del.

1.3.2. Outras titulacións universitarias.

A posesión de titulaciones que figuren no catálogo oficial de títulos universitarios, valoraranse da forma seguinte:-Titulacións de primeiro ciclo: pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñerías técnicas, arquitectura técnica ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudios correspondentes ó primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñería.

3,00 puntosTítulos que se posúan ou, de se-lo caso, certificados do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo). No caso de estudios correspondentes ós primeiros ciclos, certificacións académicas nas que se acredite a superación deles.
En ningún caso se valorará o primeiro título ou estudios desta natureza que posúa o candidato.
-Titulacións de segundo ciclo: polos estudios correspondentes ó segundo ciclo de licenciaturas, enxeñerías, arquitecturas ou títulos declarados legalmente equivalentes.3,00 puntos
No caso de funcionarios pertencentes a corpos docentes do grupo A non será valorable en ningún caso o primeiro título ou estudios desta natureza que posúa o candidato.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

1.3.3. Titulacións de ensinanzas de réxime especial.

As titulacións das ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas e conservatorios de música ou danza valoraranse da forma seguinte:

Títulos que se posúan ou, de se-lo caso, os certificados do aboamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).
-Música e danza:

Grao medio

1,00 punto
-Escola oficial de idiomas:

Ciclo elemental

1,00 punto
Ciclo superior1,00 punto

1.4. Formación perfeccionamento.Máximo 5,00 puntos
1.4.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos da especialidade correspondentes ás prazas ás que opte o participante ou relacionados coa organización escolar ou coas novas tecnoloxías aplicables á educación, organizados polas administracións educativas que se atopen no pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións precitadas, así como os organizados polas universidades.Hasta 4,00 puntosCertificado deles nos que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.
-Puntuarase 0,10 puntos por cada 10 horas de curso superados acreditados. Para estes efectos sumaranse as horas de tódolos cursos, non puntuándose o resto do número de horas inferiores a 10. Cando os cursos viñeran expresados en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

1.4.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa incluída a impartición de cursos.Ata 1,00 puntosCertificación delas.

1.4.3. Por cada especialidade da que sexa titular correspondente ó corpo polo que se concursa distinta á de ingreso nel, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades regulado no título III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.1,00 puntosCredencial de adquisición da nova especialidade.

II. Outros méritos.Máximo 20,00 puntos

2.1. Publicacións (ver disposición complementaria cuarta).Hasta 5,00 puntos
2.1.1. Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais ou transversais do currículo ou coa organización escolar.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.Ata 2,5 puntosOs exemplares correspondentes.

2.1.2. Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre a disciplinas obxecto do concurso.
Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.Ata 2,5 puntosOs exemplares correspondentes.

2.1.3. Méritos artísticos:-Por premios en exposicións ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.Ata 2,5 puntos

Os programas, críticas, os exemplares correspondentes, e se é o caso, a acreditación de ter obtido os premios correspondentes.

-Por composicións estrenadas como autor, publicacións, concertos como solistas ou gravacións con depósito legal, por premios en certames ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.

2.2. Valoración por traballos desenvolvidos (ver disposición complementaria quinta).Ata 10 puntos
2.2.1. Por cada ano como director en centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver disposición complementaria sexta do baremo).3,00 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, de se-lo caso, certificación na que conste que este curso continuase no cargo.
-Por cada ano como director en centros de formación e recursos ou institucións análogas establecidas poas comunidades autónomas no exercicio das súas competencias en materia educativa como funcionario de carreira do corpo polo que participan.3,00 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, de se-lo caso, certificación na que conste que este curso continuase no cargo.

2.2.2. Por cada ano como secretario de centros de formación e recurosos, vicedirector, subdirector, secretario ou xefe de estudios e asimilados de centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver disposición complementaria sexta do baremo).2,00 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, de se-lo caso, certificación na que conste que este curso continuase no cargo.

2.2.3. Por cada ano noutros cargos directivos de centros públicos ós que correspondan as vacantes ofertadas (ver disposición complementaria sexta do baremo).1,00 puntoDocumento xustificativo de nomeamento con expresión da duración real do cargo ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

2.2.4. Por cada ano como xefe de seminario, departamento ou división de centros públicos de ensinanza secundaria, bacharelato, adultos, formación profesional, artísticas e idiomas, e asesor de formación permanente.0,50 puntosDocumento xustificativo de nomeamento con expresión da duración real do cargo ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso continúa no cargo.

2.2.5. Por cada ano de servicios desempeñando postos na administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ó asignado ó corpo polo que se participa.1,50 puntosDocumento xustificativo do nomeamento con dilixencias de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación de que continúa no posto.

2.3. Exclusivamente para prazas situadas no País Vasco e Valencia.

A convocatoria específica correspondente ás prazas situadas no País Vasco e Valencia poderá asignar ata un máximo de cinco puntos ós méritos que nela se determinen en función das peculiaridades lingüísticas a que se refire o punto II do anexo II do Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, polo que se regulan os concursos de traslados de ámbito nacional para a provisión de prazas correspondentes ós corpos docentes.

Máximo 5,00 puntos

(1) Salvo que se especifique o contrario son fotocopias cotexadas.

Disposicións complementarias

Primeira.-Valoración da antigüidade.

1. Os servicios aludidos nos puntos 1.2.2 e 1.2.3 non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si ou cos servicios dos puntos 1.2.1, 1.2.4 ó 1.2.5.

2. Para os efectos dos puntos 1.2.1. e 1.2.4 serán computados os servicios que se tivesen prestado en situación de servicios especiais, expresamente declarados como tales nos puntos previstos no artigo 29.2º da Lei 39/1984, de 2 de agosto, así como as situacións de idéntica natureza establecida por disposicións anteriores á Lei 30/1984, de 2 de agos

to. Igualmente será computado, para estes efectos, os anos de excedencia por coidade de fillo declarada de acordo co artigo 55.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Segunda.-Centro desde o que se solicita participar no concurso.

Para efectos do punto 1.2.4 do baremo considérase como centro desde o que se solicita participar no concurso, aquel ó que pertenza o aspirante con destino definitivo, ou no que se está adscrito, sempre que esta situación implique perda do seu destino docente, sendo unicamente computables por este punto os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante. Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior os funcionarios obrigados a concursar por teren perdido ó seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, por proviren de excedencia forzosa ou por supresión do seu posto de traballo nos termos establecidos na convocatoria. A estes funcionarios seralles de aplicación o disposto para tal efecto no punto 1.2.4. do baremo.

Terceira.-Funcionarios de carreira que participan por primeira vez con carácter voluntario.

Os funcionarios de carreira que participen por primeira vez con carácter voluntario poderán optar, indicándoo na súa instancia de participación, pola puntuación correspondente ó punto 1.2.4 deste baremo ou polo punto 1.2.5 del.

No caso de exerceren a opción polo punto 1.2.5 serán puntuados por el, ademais dos anos de servicio prestados como funcionario de carreira en expectativa de destino, os que prestasen no centro desde o que participan cun destino definitivo.

No suposto de non manifestaren opción ningunha na instancia de participación, entenderase que optan pola puntuación correspondente ó punto 1.2.4 deste baremo.

Cuarta.-Publicacións.

Por cada mérito presentado de acordo cos puntos 2.1.1 e 2.1.2 do baremo de méritos só poderá puntuarse por un deles.

Quinta.-Valoración do traballo desenvolvido.

1. Polos puntos 2.2.1, 2.2.2, 2.2.3, 2.2.4 e 2.2.5 só se valorará o desempeñado/exercido como funcionario de carreira.

2. A valoración do traballo desenvolvido cando se atope referida a centros de adultos, só se valorará cando nos ditos centros se impartisen as mesmas ensinanzas que se imparten nos centros a que se refire este punto.

3. Para os efectos previstos nos puntos 2.2.1, 2.2.2 e 2.2.3 do baremo de méritos consideraranse centros

públicos asimilados ós centros públicos de ensino secundario os seguintes:

-Institutos de bacharelato.

-Instituto de formación profesional.

-Centros de adultos, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que nos centros ós que se refire estes puntos.

-Centros de ensinanzas integradas.

4. Para os efectos previstos no punto 2.2.2 do baremo de méritos consideraranse como cargos directivos asimilados, alomenos, os seguintes:

-Os cargos aludidos neste punto desempeñados en seccións de formacións profesional.

-Xefe de estudios adxunto.

-Xefe de residencia.

-Delegado do xefe de estudios de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director-xefe de estudios de sección delegada.

-Director de sección filial.

-Director de centro oficial de patronato de ensino medio.

-Administrador en centros de formación profesional.

-Profesor delegado no caso da sección de formación profesional.

5. Polo punto 2.2.3 do baremo de méritos puntuarase, polo menos, os seguintes cargos directivos:

-Vicesecretario.

-Delegado xefe de estudios nocturnos en sección delegada.

-Delegado do secretario en extensións de institutos de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director, xefe de estudios ou secretario de centros homologados de convenio con corporacións locais.

-Director de colexio libre adoptado con número de rexistro de persoal.

-Secretario de centro oficial de patronato de ensino medio.

6. Cando se produza desempeño simultáneo de cargos, non poderá acumularse a puntuación.

Sexta.-Cómputo por cada mes fracción de anos.

Nos seguintes puntos, por cada mes fracción de anos sumaranse as seguintes puntuacións: no punto 1.1.2, 0,04; no 1.2.1, 0,16; no 1.2.2, 0,12; no 1.2.3, 0,06; no 2.2.1, 0,25; no 2.2.2, 0,16; no 2.2.3, 0,08; no 2.2.4, 0,04; no 2.2.5, 0,12.

En ningún dos demais casos se puntuarán fraccións de ano.

ANEXO VI

Baremo de prioridades na adxudicación de destino, por medio de concurso de ámbito nacional, nos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

I. Méritos expresamente indicados na disposición adicional novena.4 da LOXSE.

1.1. Antigüidade (ver disposición complementaria primeira)

1.1.1. Por cada ano de servicios efectivos prestados na situación de servicio activo como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante.

2,00 puntosTítulo administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivera desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.2. Por cada ano de servicios efectivos como funcionarios de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refere a LOXSE do mesmo ou superior grupo.1,5 puntosTítulo administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivera desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.3. Por cada ano de servicios efectivos como funcionario de carreira noutros corpos ou escalas docentes ós que se refire a LOXSE de grupo inferior.0,75 puntosTítulo administrativo ou credencial con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivera desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.4. Por cada ano consecutivo como funcionario con destino definitivo no centro desde o que se concursa ou no posto ó que se estea adscrito temporalmente no estranxeiro, na función inspectora ó abeiro da disposición adicional décimo quinta da Lei de medidas para a reforma da función pública, ou noutros postos, servicios de investigación ou apoio á docencia, dependentes da Administración educativa sempre que estas situacións de adscrición impliquen perda do seu destino docente:

Nos supostos de adscrición o tempo que transcorre desde a súa finalización ata a participación neste concurso será valorado polo punto 1.1.5 (ver disposición complementaria segunda)

Título administrativo e, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.
Polo primeiro e segundo ano:2,00 puntos por ano
Polo terceiro ano:3,00 puntos
Polo cuarto e quinto ano:4,00 puntos por ano
Polo sexto ano:5,00 puntos
Polo sétimo e oitavo ano:4,00 puntos por ano
Polo noveno ano:3,00 puntos
Polo décimo e seguintes:2,00 puntos por ano

Son unicamente computables por este punto os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante.

Para os funcionarios obrigados a concursar por teren perdido o seu destino definitivo en cumprimento de sentencia ou resolución de recurso, por provir da situación de excedencia forzosa ou, se é o caso, por supresión expresa con carácter definitivo nos termos en que se establezan en cada convocatoria, da súa praza, ou por teren sido desprazados de seus centros nos termos que igualmente estableza cada convocatoria, considerarase como praza desde a que participan, ós fins de determina-los servicios a que se refire este punto, a última servida con carácter definitivo ó que se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera praza. Terán dereito, ademais, a que se lle acumulen á praza de procedencia os servicios prestados con carácter definitivo na praza inmediatamente anterior a aquela que lles foi suprimida. Para o caso de profesores afectados por supresións consecutivas de prazas, esa acumulación comprenderá os servicios prestados con carácter

definitivo nas prazas que, sucesivamente, lle foron suprimidas.

No suposto de que o profesor afectado non tivera desempeñado outro destino definitivo, terá dereito a que se lle acumulen para os efectos sinalados a seguinte puntuación: 1 punto por cada ano con destino provisional.

Igualmente, os citados criterios serán de aplicación ós funcionarios que participen desde o destino adxudicado en cumprimento de sanción disciplinaria de traslado con cambio de residencia.

1.1.5. Os funcionarios de carreira en expectativa de destino, e os que participando por primeira vez con carácter voluntario opten na súa solicitude pola puntuación correspondente a este subpunto en substitución da correspondente ó subpunto 1.1.4., na forma que se especifica na disposición complementaria terceira deste baremo (ver disposición complementaria terceira).

Por cada ano de servicio:1,00 puntosTítulo administrativo con dilixencias das distintas posesións e cesamentos que tivera desde o seu nomeamento como funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Méritos académicos.Máximo 10,00 puntos

1.2.1. Por premios extraordinarios:-Por premio no último curso de grao superior da especialidade pola que se concursa.5,00 puntosDocumento xustificativo del.

-Por mención honorífica no grao superior da especialidade correspondente ó ingreso no corpo desde o que se concursa.3,00 puntosDocumento xustificativo del.

-Por premio fin de grao medio da especialidade correspondente ó título alegado para o ingreso no corpo desde o que se concursa.5,00 puntosDocumento xustificativo del.

-Por mención honorífica fin de grao medio da especialidade ó título alegado para o ingreso no corpo desde o que se concursa.3,00 puntosDocumento xustificativo del.

-Por premio ou mención honorífica nas especialidades diferentes ás alegadas para o ingreso no corpo desde o que se concursa.1,00 puntoDocumento xustificativo del.

1.2.2. Por outras titulacións:

Unicamente se terán en conta para efectos da súa valoración os títulos con validez oficial no Estado espanol.Títulos que posúa ou, se é o caso, os certificados do aboamento dos dereitos de expedición de acordo co previsto na O.M. do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

-Por cada título de profesor, profesor superior de conservatorio, escola superior de danza, canto ou arte dramática diferente ó alegado para o ingreso no corpo desde o que se concursa.

Polo primeiro3,00 puntos

Polos restantes1,00 punto

1.3. Méritos artísticos.
-Por composicións estrenadas como autor, publicacións ou gravacións con depósito legal, por premios en certames ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.Máximo 2,50 puntosOs programas, críticas, exemplares correspondentes e, se é o caso, a acreditación de ter obtido os premios correspondentes.
-Por concertos como director, solista, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos,...) realizados nos últimos cinco anos.Máximo 2,50 puntos

1.4. Formación perfeccionamento e innovación.Máximo 5,00 puntos
1.4.1. Por cursos superados que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre os aspectos científicos e didácticos das especialidades correspondentes ás prazas ás que opte o participante ou relacionados coa organización escolar ou coas novas tecnoloxías aplicadas á educación, organizados polas administracións educativas que se atopen no pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas, así como os organizados polas universidades.Ata 4,00 puntosCertificado deles no que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe no recoñecemento de homologación.

MéritosValoraciónDocumentos xustificativos (1)

-Computaranse 0,10 puntos por cada 10 horas de curso superados e realizados. Para estes efectos sumaranse as horas de tódolos cursos, non puntuándose o resto do número de horas inferiores a 10. Cando os cursos viñeran expresados en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

1.4.2. Por outras actividades de formación e perfeccionamento en materia educativa incluída a impartición de cursos.Ata 1,00 puntoCertificación delas.

1.4.3. Por cada especialidade da que sexa titular correspondente ó corpo polo que se concursa distinta á de ingreso nel, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades regulado no título III do Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.1,00 puntoCredencial da adquisición da nova especialidade.

II. Outros méritos.Máximo 20,00 puntos

2.1. Publicacións (ver disposición complementaria cuarta).Ata 5,00 puntos
2.1.1. Por publicacións de carácter didáctico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais ou transversais do currículo ou coa organización escolar.
Aquelas publicacións que estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.Ata 2,5 puntosOs exemplares correspondentes.

2.1.2. Por publicacións de carácter científico e proxectos e innovacións técnicas sobre as disciplinas obxecto do concurso.
Aquelas publicacións que estando obrigadas a consigna-lo ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, carezan del, non serán valoradas.Ata 2,5 puntosOs exemplares correspondentes.

2.1.3. Méritos artísticos:-Por premios en exposicións ou en concursos de ámbito autonómico, nacional ou internacional.Ata 2,50 puntos

Os programas, críticas e, se é o caso, a acreditación de ter obtido os premios correspondentes.

2.2. Valoración por traballos desenvolvidos (ver disposición complementaria quinta).Ata 10 puntos
2.2.1. Por cada ano como director en centros públicos ós que corresponda a vacante ofertada (ver disposición complementaria sexta do baremo).3,00 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.2. Por cada ano como vicedirector, subdirector, xefe de estudios ou secretario e asimilados de centros públicos ós que corresponda a vacante (ver disposición complementaria sexta do baremo).2,00 puntosNomeamento con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.3. Por cada ano noutros cargos directivos de centros públicos os que corresponda a vacante (ver disposición complementaria sexta do baremo).1,00 puntoDocumento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo ou, se é o caso, certificación na que conste que este curso se continúa no cargo.

2.2.4. Por cada ano de desenvolvemento de cargo de coordinación didáctica.0,50 puntosDocumento xustificativo de nomeamento con expresión da duración real do cargo.

2.2.5. Por cada ano de servicios desempeñando postos na administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ó asignado o corpo polo que se participa.1,50 puntosDocumento xustificativo do nomeamento con expresión da duración real do cargo.

Disposicións complementarias

Primeira.-Valoración da antigüidade.

1. Os servicios aludidos nos puntos 1.1.2 e 1.1.3 non serán tidos en conta nos anos en que foran simultáneos entre si ou, cos servicios dos puntos 1.1.1, 1.1.4 ó 1.1.5.

2. Para os efectos dos puntos 1.1.1 e 1.1.4 serán computados os servicios que prestasen en situación de servicios especiais, expresamente declarados como tales nos puntos previstos no artigo 29.2º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, así como as situacións de idéntica natureza establecida por disposicións anteriores á Lei 30/1984 de 2 de agosto, Igualmente serán computados os anos de excedencia por coidado de fillo declarado de acordo co artigo 55.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Segunda.-Centro desde o que se solicita participar no concurso.

Para efectos do punto 1.1.4 do baremo considérase como centro desde o que se solicita participar no concurso, aquel ó que pertenza o aspirante con destino definitivo, ou no que se estea adscrito, sempre que esta situación implique a perda do seu destino docente, sendo unicamente computable por este punto os servicios prestados como funcionario de carreira no corpo ó que corresponda a vacante. Quedan exceptuados do disposto no parágrafo anterior os funcionarios obrigados a concursar por teren perdido o seu destino definitivo en cumprimento da sentencia ou resolución de recurso, por provir de excedencia forzosa ou por supresión do

seu posto de traballo nos termos establecidos na convocatoria. A estes funcionarios seralles de aplicación o disposto para tal efecto no punto 1.1.4 do baremo.

Terceira.-Funcionarios de carreira que participan por primeira vez con carácter voluntario.

Os funcionarios de carreira que participen por primeira vez con carácter voluntario poderán optar, indicándoo na súa instancia de participación, pola puntuación correspondente ó punto 1.1.4 deste baremo ou polo punto 1.1.5 del.

No caso de exercita-la opción polo punto 1.1.5 puntuaráselles por este punto ademais dos anos de servicio prestados como funcionario de carreira en expectativa de destino, os que prestasen no centro desde o que participan cun destino definitivo.

No suposto de non manifestar opción ningunha na instancia de participación, entenderase que optan pola puntuación correspondente ó punto 1.1.4 deste baremo.

Cuarta.-Publicacións.

Por cada mérito presentado de acordo cos puntos 2.1.1 e 2.1.2 do baremo de méritos só poderá puntuarse por un deles.

Quinta.-Valoración do traballo desenvolvido.

1. Polos puntos 2.2.1, 2.2.2, 2.2.3, 2.2.4 e 2.2.5 só se valorará o desempeñado como funcionario de carreira.

2. A valoración do traballo desenvolvido cando sexa referida a centros de adultos, só se valorará cando nos ditos centros se impartiran as mesmas ensinanzas que se imparten nos centros a que se refire este punto.

3. Para os efectos previstos nos puntos 2.2.1, 2.2.2 e 2.2.3 do baremo de méritos consideraranse centros públicos asimilados ós centros públicos de ensinanza secundaria os seguintes:

-Institutos de bacharelato.

-Institutos de formación profesional.

-Centros de adultos, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que nos centros ós que se refiren estes puntos.

-Centros de ensinanzas integradas.

4. Para os efectos previstos no punto 2.2.2 do baremo de méritos consideraranse como cargos directivos asimilados, alomenos, os seguintes:

-Os cargos aludidos neste punto desempeñados en seccións de formación profesional.

-Xefe de estudios adxunto.

-Xefe de residencia.

-Delegado do xefe de estudios de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director-xefe de estudios de sección delegada.

-Director de sección filial.

-Director de centro oficial de patronato de ensinanza media.

-Administrador en centros de formación profesional.

-Profesor delegado no caso da sección de formación profesional.

5. Polo punto 2.2.3 do baremo de méritos puntuaranse, polo menos, os seguintes cargos directivos:

-Vicesecretario.

-Delegado xefe de estudios nocturnos en sección delegada.

-Delegado do secretario de extensións de institutos de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

-Director, xefe de estudios ou secretario de centros homologados de convenio con corporacións locais.

-Director do colexio libre adoptado con número de rexistro de persoal.

-Secretario de centro oficial de patronato de ensino medio.

6.-Cando se produza desempeño simultáneo de cargos, non poderá acumularse a puntuación.

Sexta.-Cómputo por cada mes fracción de anos.

Nos seguientes puntos, por cada mes fracción de anos sumaranse las seguintes puntuacións: no punto 1.1.1, 0.16; no 1.1.2, 0.12; no 1.1.3, 0.06; no 2.2.1, 0.25; en 2.2.2, 0.16; no 2.2.3, 0.08; no 2.2.4, 0.04; no 2.2.5, 0.12.

En ningún dos demais casos se puntuarán fraccións de ano.

ANEXO VII

Especialidades do corpo de profesores

de ensino secundario. (Corpo 590)

Código Especialidade

001Filosofía
002Grego
003Latín

Código Especialidade

004Lingua castelá e literatura
005Xeografía e historia
006Matemáticas
007Física e química
008Bioloxía e xeoloxía
009Debuxo
010Francés
011Inglés
012Alemán
016Música
017Educación física
018Psicoloxía e pedagoxía
019Tecnoloxía
053Lingua e literatura galega
061Economía
101Administración empresas
102Análise e química industrial
103Asesoría e procesos de imaxe persoal
104Construccións civís e edificación
105Formación e orientación laboral
106Hostalería e turismo
107Informática
108Intervención sociocomunitaria
109Navegación e instalacións mariñas
110Organización e xestión comercial
111Organización e proc. de mantemento de vehículos
112Organización e proxectos de fabricación mecánica
113Organización e proxectos sistemas enerxéticos
114Procesos de cultivo acuícola
115Procesos de producción agraria
116Procesos na industria alimentaria.
117Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos
118Procesos sanitarios
119Procesos e medios de comunicación
120Procesos e productos de téxtil, confección e pel
121Procesos e productos do vidro e cerámica
122Procesos e productos en artes gráficas
123Procesos e productos en madeira e moble
124Sistemas electrónicos
125Sistemas electrotécnicos e automáticos
803Cultura clásica

ANEXO VIII

Especialidades do corpo de profesores técnicos

de formación profesional. (Corpo 591)

Código Especialidade

201Cociña e pastelería
202Equipos electrónicos
203Estética
204Fabricación e instalación de carpintería e moble
205Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos
206Instalacións electrotécnicas
207Instalacións e equipos de cría e de cultivo
208Laboratorio
209Mantemento de vehículos
210Máquinas, servicios e producción
211Mecanizado e mantemento de máquinas
212Oficina de proxectos de construcción
213Oficina de proxectos de fabricación mecánica
214Operacións e equipos de elaboración de productos alimentarios
215Operación de procesos
216Operacións de producción agraria
217Patronaxe e confección
218Perruquería
219Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
220Procedementos sanitarios e asistenciais
221Procesos comerciais
222Procesos de xestión administrativa
223Producción de artes gráficas
224Producción téxtil e tratamentos físico-químicos
225Servicios á comunidade
226Servicios de restauración
227Sistemas e aplicacións informáticas
228Soldadura
229Técnicas e procedementos de imaxe e son

ANEXO IX

Especialidades do corpo de profesores

de escolas oficiais de idiomas. (Corpo 592)

Código Especialidade

001Alemán
006Español para estranxeiros

Código Especialidade

008Francés
009Galego
011Inglés
012Italiano
015Portugués
017Ruso

ANEXO X

Especialidades do corpo de catedráticos

de música e artes escénicas. (Corpo 593)

Código Especialidade

001Acordeón
002Harmonía e melodía acompañada
003Harpa
005Ballet clásico
006Canto
007Caracterización
008Clarinete
009Clave
010Composición e instrumentación
011Composición electroacústica
012Concertación de ópera e oratorio
013Conxunto coral e instrumental
014Contrabaixo
015Contrapunto e fuga
016Coros
017Danza española
018Danza española (flamenco)
020Dirección de coros
021Dirección de coros e conxunto coral
022Dirección de escena
023Dirección de orquestra e conxunto instrumental
024Dramaturxia
025Escena lírica
026Escenografía
027Esgrima
028Estética e historia da música, da cultura e da arte
029Expresión corporal
030Fagot
031Frauta de bico
032Frauta traveseira
033Folclore musical
034Gregoriano
035Guitarra
037Historia da cultura e da arte
038Historia da literatura dramática
042Instrumento de pulso e púa
043Interpretación
044Lectura musical
045Lingua alemana
046Lingua francesa
047Lingua inglesa
048Lingua italiana
049Mimo e pantomima
050Música de cámara
051Musicoloxía
052Oboe
053Órgano
054Órgano e clavecín
055Ortofonía e dicción
057Pedagoxía musical
058Percusión
059Piano
060Piano aplicado
061Repentización, transposición instrumental e acompañamento
062Repertorio de ópera e oratorio
063Repertorio vocal
064Repertorio vocal estilístico
065Rítmica e paleografía
066Saxofón
068Solfexo e teoría da música
069Teatro infantil
070Técnicas de canto
072Trombón
073Trombón-tuba
074Trompa
075Trompeta
076Tuba
077Viola
078Violín
079Violoncello
080Txistu

ANEXO XI

Especialidades do corpo de profesores

de música e artes escénicas. (Corpo 594)

Código Especialidade

012Coreografía
017Elementos de acústica
018Escena lírica
049Rítmica e paleografía
078Folclore
083Pedagoxía musical
085Historia do teatro
401Acordeón
402Arpa
403Canto
404Clarinete
405Clave
406Contrabaixo
407Coro
408Fagot
409Flabiol i tambori
410Frauta traveseira
411Frauta de bico
412Fundamentos de composición
413Gaita galega
414Guitarra
415Guitarra flamenca
416Historia da música
417Instrumentos de corda pulsada do renacemento e do barroco
418Instrumentos de púa
419Oboe
420Órgano
421Orquestra
422Percusión
423Piano
424Saxofón
425Tenora e tible
426Trombón
427Trompa
428Trompeta
429Tuba
430Txistu
431Viola
432Viola da gamba
433Violín
434Violoncello
435Danza española
436Danza clásica
437Danza contemporánea
438Flamenco
439Historia da danza
440Acrobacia
441Canto aplicado a arte dramática
442Caracterización e indumentaria
443Danza aplicada a arte dramática
444Dicción e expresión oral
445Dirección escénica
446Dramaturxia
447Esgrima
448Espacio escénico
449Expresión corporal
450Iluminación
451Interpretación
452Interpretación con obxectos
453Interpretación no musical
454Interpretación no teatro do xesto
455Literatura dramática
456Técnicas escénicas
457Técnicas gráficas
458Teoría e historia da arte
459Teoría teatral
460Linguaxe musical

ANEXO XII

Especialidades do corpo de profesores

de artes plásticas e deseño. (corpo 595)

Código Especialidade

006Dereito usual e nocións de contabilidade e correspondencia comercial
009Debuxo artístico
010Debuxo lineal
013Historia da arte
016Matemáticas
018Modelado e baleirado
034Técnicas de deseño gráfico
035Técnicas gráficas industriais
037Teoría e prácticas do deseño

ANEXO XIII

Especialidades do corpo de mestres de taller

de artes plásticas e deseño. (Corpo 596)

Código Especialidade

006Cerámica artística
008Decoración
012Delineación
013Debuxo publicitario
015Deseño de figurinos
016Dourado e policromía
021Esmaltes
027Fotografía artística
028Fotografía e procesos de reproducción
041Metalistería artística
047Ourivería
050Química aplicada á cerámica
052Repuxado en metal
058Talla en madeira
060Talla en pedra e madeira
063Técnicas de xoiería
065Baleirado e moldeado
097Serigrafía

ANEXO XIV

Don/a ..., funcionario/a de carreira do corpo de ..., especialidade ..., co NRP ... presenta a seguinte relación de novos documentos que se achegan para o concurso de traslados datados con posterioridade ó 29 de novembro de 2001.

PUNTO DOCUMENTOS

............ a ....... de ........................2002

Sinatura do/a interesado/a