Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.900

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (persoal laboral fixo), convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 7 de agosto de 2002, pola que se fai pública a valoración dos méritos alegados por cada concursante na fase de concurso.

En sesión que tivo lugar o día 15 de outubro de 2002, o tribunal designado pola Orde do 20 de setembro de 2002 para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de profesores do INEF de Galicia (persoal laboral fixo), procedeu á valoración dos méritos alegados polos concursantes. A puntuación provisional atópase publicada no taboleiro de anuncios do INEF de Galicia.

Os concursantes poderán formular alegacións contra esta puntuación no prazo de dez días contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Presidente do tribunal