Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 21 de outubro de 2002 Páx. 14.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de outubro de 2002 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 25 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 14 de maio) e se fai pública a concesión de axudas para a mobilidade de estudiantes das universidades do sistema universitario de Galicia, adheridas ó programa de intercambio Sicue, no curso académico 2002-2003.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou por Orde do 25 de abril de 2002 (DOG do 14 de maio), axudas para a mobilidade de estudiantes das universidades do sistema universitario de Galicia, adheridas ó programa de intercambio Sicue, para o curso académico 2002-2003.

De acordo co establecido no artigo 7 das bases da convocatoria, desde o día 27 de xuño ata o día 9 de xullo de 2002, expuxéronse as listas provi

sionais das solicitudes admitidas e excluídas e durante ese mesmo prazo os interesados puideron formula-las reclamacións para emendar erros e faltas de documentación ante a Dirección Xeral de Universidades.

Rematado este prazo, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo á proposta elevada pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Facer pública a relación de candidatos que obtiveron axuda e que se relacionan no anexo I da presente orde e na contía que se especifica.

Artigo 2º

No suposto de producirse algunha renuncia, e tendo en conta o remanente de crédito previsto na orde de convocatoria, procederase a adxudica-la bolsa ás persoas que figuran na lista de seleccionados como suplentes, anexo II, e pola orde que nela figuran.

Artigo 3º

Os solicitantes que figuran no anexo III deberán considerar desestimada a súa solicitude, polas causas que nel se especifican.

Artigo 4º

Os beneficiarios están obrigados a cumpri-las normas establecidas na orde de convocatoria e a súa concesión queda, así mesmo, condicionada ó cumprimento dos requisitos establecidos nas devanditas disposicións.

Artigo 5º

O aboamento das axudas efectuarase por mensualidades completas trimestralmente e realizarase unha vez presentada, antes do 5 de novembro de 2002, a documentación á que fai referencia o artigo 11 das bases da convocatoria.

Artigo 6º

Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria