Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 4 de outubro de 2002, acordou a contratación mediante concurso con procedemento aberto, modalidade de urxencia, con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalarán de conformidade co prego de cláusulas administrativas para a licitación aprobada pola Administración para a execución da obra de centro social como equipamento de atención primaria, acordándose a contratación e expoñéndose simultaneamente o prego durante 8 días, co anuncio de licitación, de conformidade co artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, para o contrato coas características que se sinalan seguidamente:

1. Proxecto: centro social como equipamento de atención primaria.

2. Tipo de licitación: 224.001,65 A (IVE incluído).

3. Partida: 460.

4. Prazo de execución: 12 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n, 27870 Xove), facilitarase así mesmo copia do prego de condicións en persoa, por correo ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais contados desde a última publicación no BOP de Lugo ou DOG.

8. Fianza provisional: 4.480 A.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra financiada con fondos propios e subvención da Consellería de Asuntos Sociais.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares desta licitación.

Xove, 4 de outubro de 2002.

Jesús López GonzálezManuel Díaz Sánchez

AlcaldeSecretario