Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XINZO DE LIMIA

ANUNCIO de concurso.

1. Obxecto do contrato. a) Detalle do obxecto: adxudicar en réxime concesional o servicio de cemiterio municipal, executando as obras e infraestructuras previstas no proxecto aprobado. b) Lugar de execución: Xinzo de Limia. c) Prazo do período concesional: dez anos, que poderán ser prorrogados, como máximo, cinco anos máis. d) Prazo para executa-las obras: un ano para as de urbanización do recinto, podendo o concesionario, no que respecta ás infraestructuras de carácter funerario, realizalas segundo demanda ó longo do período concesional.

2. Trámite, procedemento e forma de adxudicación. a) Trámite: ordinario. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

3. Garantías: provisional: 3.000 A.

4. Prazo para obter documentos e ser informados: ata as 14 horas do día en que termine o prazo para presenta-las propostas.

5. Prazo para presentar propostas: quince días naturais, en horas de 9 a 14, desde o día seguinte a aquel no que a convocatoria apareza no Diario Oficial de Galicia.

6. Anuncio extenso e detallado: BOP de Ourense nº 233, do 9-10-2002.

Xinzo de Limia, 10 de outubro de 2002.

José A. Feijó Alonso

Presidente