Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do deseño e producción das carrozas da cabalgata de reis do ano 2003 do Concello de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Animación Cultural e Festas. Nº de expediente: 145/335.

2. Obxecto do contrato: descrición: deseño e producción de carrozas e instalación, ornamentación e iluminación do palco para a cabalgata de Reis do ano 2003.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: os traballos terán que estar entregados antes do 30-12-2002

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 45.000 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: artigos 16 e 19 R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións.

11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 9 de outubro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde