Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

Por resolución da Alcaldía do 8 de outubro de 2002, á vista do erro material detectado nas publicacións efectuadas, e no BOP de Lugo nº 191, do 21 de agosto, e DOG nº 175, do 11 de setembro, e apreciando a urxencia da execución da obras, acordouse a nova licitación da contratación mediante concurso con procedemento aberto con mellora sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalarán, con trámite de urxencia, de conformidade co prego de cláusulas administrativas para a licitación aprobada pola Administración para a execución da obra de rúa de Camiño Real e avda. Deputación, acordándose a contratación e expoñéndose simultaneamente o prego durante 8 días, co anuncio de licitación, de conformidade co artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, para o contrato coas características que se sinalan seguidamente:

1. Proxecto: rúa de enlace de Camiño Real a avda. Deputación.

2. Tipo de licitación: 225.090,52 A (IVE incluído).

3. Partida: 460.

4. Prazo de execución: 12 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove, (Camiño Real s/n, 27870 Xove), facilitarase así mesmo copia do prego de condicións en persoa, por correo ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación das proposicións: 13 días naturais contados desde a última publicación no BOP de Lugo ou DOG.

8. Fianza provisional: 5.101,81 A.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra financiada con fondos propios.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares desta licitación.

Xove, 9 de outubro de 2002.

Jesús López GonzálezManuel Díaz Sánchez

AlcaldeSecretario