Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2002, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto de consultorías e asistencia e de servicios por tramitación urxente, para o servicio de transporte de persoal sanitario facultativo e sanitario non facultativo nos puntos de atención continuada dependentes desta xerencia. (C.P. 4/2002).

O director xerente da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas sobre delegacións de competencias

en órganos centrais e periféricos do Sergas, conforme o establecido na letra j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita:

1. Obxecto e orzamento.

Contrato do servicio de transporte de persoal sanitario facultativo e sanitario non facultativo nos puntos de atención continuada dependentes desta xerencia, por un orzamento total estimado de 775.942,60 euros, IVE incluído.

1 mes do ano 2002.

12 meses do ano 2003.

9 meses do ano 2004.

2. Prazo de execución.

A prestación do servicio deberá comezar desde a súa formalización estando prevista o día 1-12-2002. O contrato ten unha duración de vintedous meses e admite prórroga nos termos previstos no artigo 198 do TRLCAP.

3. Admisión de variantes.

Non se admiten.

4. Solvencia económica, financeira e técnica.

Igual que na folla de especificacións.

5. Clasificación económica.

Igual que na folla de especificacións.

6. Criterios de adxudicación.

Igual que na folla de especificacións.

7. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse no Servicio de Contratación da Xerencia de Atención Primaria, praza de Ferrol, nº 11-4ª planta, 27001 Lugo, en días laborables desde as 9 ás 14 horas, teléfono 982 29 63 29, fax 982 29 62 28, ou a través da páxina web do Sergas: http://sergas.es. durante o prazo de admisión das proposicións.

8. Garantías esixidas.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adjudicación.

9. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Lugo antes das 14 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

10. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios.

Os anuncios desde concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 10 de xullo de 2002.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo