Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 24 de setembro de 2002 polo que se comunica á empresa Matejuli Alimentación, S.L.L. o arquivo do expediente C1/00.2057.0078.N.9600104893-PO, relativo a axuda acollida ó convenio de apoio financeiro ó comercio polo miúdo 2000.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento da empresa Matejuli Alimentación, S.L.L. titular do expediente C1/00.2057.0078.N.9600104893-PO, relativo a axuda acollida ó convenio de apoio financeiro ó comercio polo miúdo 2000 (Resolución do 27 de xullo de 2000; DOG nº 153, do 8 de agosto), que con data do 13 de agosto de 2002 a directora da área de financiamento do Igape resolveu o arquivo do expediente, por ter manifestado a dita empresa a súa vontade de renunciar á axuda concedida.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A resolución de arquivo non esgota a vía administrativa, e contra esta poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica