Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2002, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso, do expediente 20/2002 para a subministración dun monitor para tratamentos extrarrenais, dun respirador volumétrico e dun crióstato para cortes de pezas anatómicas.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no punto j) do artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, da subministración dun monitor para tratamentos extrarrenais e continuos (lote nº 1), dun respirador volumétrico (lote nº 2) e dun crióstato para cortes de pezas anatómicas (lote nº 3).

1. Obxecto e orzamento.

A subministración dun monitor para tratamentos extrarrenais e continuos (lote nº 1), por un orzamento máximo de 18.030 A (IVE incluído) dun respirador volumétrico (lote nº 2) por un orzamento máximo de 24.040 A (IVE incluído) e dun crióstato para cortes de pezas anatómicas (lote nº 3), por un orzamento máximo de 18.030 A (IVE incluído).

2. Prazo de entrega.

Entrega inmediata a partir da data da adxudicación.

3. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poder ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n, 27004 Lugo; teléfono: 982 29 65 92; fax: 982 21 29 24.

4. Fianzas.

Os adxudicatarios deberán consignar unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación. Esta constituirase segundo o disposto no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Clasificación.

Non se precisa.

8. Criterios de adxudicación.

-Valoración técnica dos equipos, ata 10 puntos.

-Prezo, ata 8 puntos.

-Valoración do servicio técnico, ata 6 puntos.

-Valoración do contrato de mantemento, ata 4 puntos.

-Prazo de entrega, ata 2 puntos.

9. Admisión de variantes.

Admítese ata un máximo de tres variantes.

10. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice

o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 16 de setembro de 2002.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo