Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se aproba o proxecto de execución e se inclúe no réxime especial de producción eléctrica a planta de coxeración de enerxía eléctrica que o Concello da Coruña posúe nas súas instalacións do complexo deportivo San Diego, na Coruña.

Examinado o expediente instruído por instancia do Concello da Coruña con domicilio para efectos de notificacións na praza de María Pita nº1, A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data de entrada do 15 de outubro de 2001, o Concello da Coruña solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de construcción e o recoñecemento da condición de instalación acollida a réxime especial de producción de enerxía eléctrica regulado polo R.D. 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos o fontes de enerxía renovables, residuos e coxera

ción, da estación de coxeración de enerxía eléctrica que o Concello da Coruña prevé instalar nas súas instalacións do complexo deportivo San Diego. Acompaña a devandita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 7 do citado R.D. 2818/1998, sobre autorización de instalacións eléctricas, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa mencionado, medinte resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 30 de novembro de 2001, publicada no BOP da Coruña, do 30 de xaneiro de 2002 e no DOG do 24 de abril de 2002.

Durante o período de información pública non se recibiron alegacións.

Terceiro.-As instalacións da central de coxeración de enerxía eléctrica, segundo o proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial con número de colexiado 199, José Ramón Álvarez Arnau e visado polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, teñen as seguintes características:

-Un motor de combustión interna de 838 kW mecánicos, a 1.500 r.p.m funcionando con gas natural. O motor funcionará cunha carga do 93,17%.

-Un alternador síncrono de 805 kW de potencia, cun factor de potencia de 0,8 e 0,4 kV de tensión de xeración. Co réxime de carga anterior, o motor terá unha potencia de 750 kW.

-Un transformador de 1,25 MVA cunha relación de transformación 400 V/15 kV.

-Instalacións de recuperación de calor dos gases de escape para a producción de auga quente a 90ºC.

-Instalacións de recuperación do calor do circuíto de refrixeración do aceite, camisas e bloque do motor para a producción de auga quente.

-Caldeiras de apoio para a producción de auga quente a 90ºC.

-A instalación contará cos preceptivos sistemas de protección, manobra, mando e control, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica da empresa distribuidora, así como cos sistemas de posta a terra.

Cuarto.-O proxecto recibiu o informe favorable da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña e cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e no Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, e coas outras que lle son de aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e no Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e no Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa ditos.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

Autorizar administrativamente a estación de coxeración de enerxía eléctrica que o Concello da Coruña posúe nas súas instalacións do complexo deportivo San Diego, na Coruña

Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central de coxeración.

Recoñecer á estación a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo a.1 do artigo 2 de devandito real decreto.

Calquera modificación das instalacións autorizadas requirirá unha nova autorización administrativa, de acordo co indicado no artigo 17.4º do Real decreto 1775/1967, do 22 de xullo, que fixa o réxime de instalación, ampliación e traslado das industrias en xeral.

Como requisito necesario para a aplicación á devandita instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), no prazo de dous anos desde a publicación da presente resolución, para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral no desenvolvemento da dita orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes a partir do día seguinte á súa notificación ó interesado.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas