Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2002 pola que se anuncia a contratación dos servicios para a organización do II Encontro de Centros de Estudios Galegos, polo procedemento aberto, mediante concurso e polo trámite de urxencia.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato consistente nos servicios arriba indicados faise público:

1. Obxecto: realización dos traballos para a organización do II Encontro de Centros de Estudios Galegos.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 102.172,06 euros, IVE incluído.

4. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 8 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 9 do prego de cláusulas administrativas

particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura de proposicións: a apertura de ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na Dirección Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ás dez horas do terceiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

7. Documentación de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores, durante o prazo de presentación de ofertas, na Dirección Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela, edificio administrativo San Caetano s/n, teléfono 981 54 54 36.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1915.

8. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2002.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística