Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.862

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE OVIEDO

CÉDULA de notificación (333/2002).

Misael León Noriega, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous de Oviedo, fai saber

que no procedemento de demanda 333/2002, deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fundación Laboral de la Construcción del Principado de Asturias contra a empresa Construesmaca, S.L., sobre cantidade, se dictou con data 6 de setembro de 2002, sentencia que na súa parte dispositiva copiada no seu teor literal di:

«Decido que estimando a demanda formulada pola Fundación Laboral de la Construcción del Principado de Asturias contra la empresa Construesmaca, S.L., debo condenar e condeno a citada sociedade a aboarlle á demandante a suma de 2.011,18 euros.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentencia, ou por simple manifestación no momento no que se realice a notificación. Advírtaselle igualmente ó recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou ós seus habentes causa, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá deposita-la cantidade de 150,25 euros na conta aberta no Banco Bilbao Vizcaya con domicilio na rúa Mendizábal nº 1 de Oviedo, a nome deste xulgado co número 3359000065033302 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentencia ó pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións

aberta no anterior banco a nome deste xulgado, co número de conta citado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, no que se faga consta-la responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado. Soledad Monte Rodríguez».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construesmaca, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Oviedo o seis de setembro de dous mil dous.

Advírteselle ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado