Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.862

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (124/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 124/2002, por instancia de Antonio Agrelo Pena con

tra la empresa Urproman, S.L. sobre reclamación de cantidade, nos que recaeu sentencia en data 20 de setembro de 2002, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Antonio Agrelo Pena contra la empresa Urproman, S.L. debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe ó actor a cantidade de 8.059,72 euros, por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado, número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta, coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo

de interpoñe-lo recurso declarándose desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Urproman, S.L., expido e asino este edicto na Coruña o 20 de setembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado