Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.856

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 11 de outubro de 2002, do tribunal IV-F, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 36 (auxiliar de museos) do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se anula unha pregunta do segundo exercicio (1º suposto práctico), en acceso libre e promoción interna.

Na sesión do día once de outubro, o tribunal IV-F, adoptou o seguinte acordo:

Anula-la pregunta número 21 do cuestionario de acceso libre, e a pregunta número 22 do cuestionario de promoción interna, correspondente á categoría 36

do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, por ofrecer certas dúbidas razoables en canto á súa formulación e resolución.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2002.

Federico Garrido Villa

Presidente do tribunal IV-F