Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 18 de outubro de 2002 Páx. 14.856

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 17 de setembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), listas A2 e B, de conformidade coas resolucións do 24 de maio e 9 de xullo de 2002.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 185, do 25 de setembro, cómpre realiza-la seguinte corrección:

No punto terceiro, onde di: «... quedando desde ese momento sen efecto as listas elaboradas conforme a convocatoria do 28 de xaneiro de 1998, correspondente ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E)», debe dicir: «...quedando desde ese momento sen efecto as listas elaboradas conforme a convocatoria efectada por Resolución do 1 de marzo de 2000 (DOG 14-3-2000), correspondente ó corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E)».